Información
Localidades de Galicia

EN PERIGO DÚAS ESPECIES PROTEXIDAS NA PARROQIA DE SOANDRES – A LARACHA

Información
10 Septiembre 2018 130 Votos

O BNG PRESENTARÁ UNHA INICIATIVA NO PRÓXIMO PLENO DEMANDANDO PROTECCIÓN PARA AS FRAGAS ONDE VIVEN ESTAS ESPECIES

Unha plantación de eucaliptos e a corta dunha fraga pon en perigo dúas especies protexidas no lugar do Pazo de Soandres. Tratase da Píntega Galega ou Rabilonga (Chioglossa lusitanica), especie endémica de Galiza, e o Caracol de Quimper (Elona quimperiana).

Estas especies están protexidas polo Convenio de Berna, pola directiva de hábitats da Unión Europea, polo estado español e a Xunta de Galiza. A Píntega Galega é unha das xoias da nosa natureza. O Caracol de Quimper, escaso na Galiza, tamén se pode atopar nalgunhas zonas da cordilleira Cantábrica e na Bretaña Francesa. Son especies que non é doado velas e que viven en bosques caducifolios e de auga moi limpa. Cada vez quedan menos hábitats así no noso concello, onde viven acurradas estas e outras especies. Pequenas illas de diversidade, as que debemos protexer, entre tanta plantación de eucaliptos e piñeiros.

O concello da Laracha acordou a súa incorporación á Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, á que entendemos que o concello da Laracha pode aportar moito e debe servir a súa incoporación tamén para que desde a administración local exista unha maior preocupación pola protección da biodiversidade que aínda se conserva en moitos lugares do termo municipal da Laracha, mália degradación das últimas décadas.

Por todo isto, o Grupo Municipal do BNG da Laracha solicitará no próximo Pleno Ordinario da Corporación, mediante a presentación dunha moción, que se inicie o proceso para dotar dunha especial protección ás fragas onde habitan estas espécies protexidas, no lugar do Pazo (Soandres), e a contorna do río Acheiro.

A Laracha, 10 de setembro de 2018

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi