Información
Localidades de Galicia

Emilio Montero Cartelle, novo presidente da Asociación de Historia da Lingua Española

Información
12 Septiembre 2018 80 Votos

O catedrático de Lingua Española da USC Emilio Montero Cartelle é o novo presidente da Asociación de Historia de la Lengua Española (AHLE), logo de ser elixido recentemente en Lima (Perú) no transcurso do XI Congreso Internacional de Historia de la Lengua Española. O profesor da Universidade compostelá sucede no cargo aos doutores J. Jesús Bustos Tovar, Humberto López Morales, Emilio Alarcos, Manuel Alvar e Rafael Lapesa.



A Asociación constituíuse en 1987 durante o I Congreso Internacional de Historia da Lingua Española celebrado na Universidade de Estremadura. Dende esa data organizou dez citas científicas máis en Europa e en América, patrocinou publicacións de interese (Revista de Historia de la lengua Española e actas dos congresos) e promoveu numerosos simposios, conferencias e seminarios.

Montero avanzou que, no seu mandato, actualizará os estatutos da asociación, buscará fórmulas para que os socios participen máis no seu funcionamento e dotaraa de máis contido “para que teña unha vida activa máis aló dos congresos”. Para iso, buscará “apoios e colaboración” con outras asociacións lingüísticas, equipos e grupos de investigación. Comprometeuse ademais a que a revista da asociación asuma o papel de liderado que lle corresponde na área de Filoloxía Hispánica.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi