Información
Localidades de Galicia

En Marea denuncia no Parlamento de Galicia a perda de calidade educativa na xestión do centro Monteledo

Información
12 Septiembre 2018 169 votos

Paula Vázquez Verao sinala que a Fundación Diagrama que xestiona o centro utiliza menos profesionais nas quendas dos que se fixan como servizos mínimos en casos de folga

Santiago, 12 de setembro de 2018.-  A deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, denunciou no Parlamento de Galicia a situación na que se encontra o centro Monteledo, en Ourense. Este centro, de iniciativa pública e xestión privada desde 2016  e que dese momento "viu deteriorada a súa calidade educativa e, consecuentemente, da súa capacidade de buscar a reintegración social das persoas menores".

Vázquez Verao sinalou que desde a Fundación Diagrama asumiu a xestión  "trabállase en cadro, cun nivel de educadores por quenda igual ou, mesmo, inferior aos servizos mínimos establecidos pola Administración en caso de folga (8 por quenda son os servizos mínimos establecidos, e ten habido días de 7 ou 8, cando debe haber 10 por quenda), non se cubren as vacacións en ningunha categoría profesional, aumentaron os tempos da quenda de noite, reduciron os tempos de descanso entre quendas de fin de semana, hai tamén desorganización na comuncación cos xulgados". A deputada de En Marea sinalou os distintos incumprimentos que esta fundación realizaba nas súas obrigas de maneira que Verao considera que a Xunta está permitindo que o centro non atenda correctamente os seus cometidos e que a atención en xeral estea deteriorada. Entre outras cousas, "a fundación non está cubrindo as vacantes así como manter cubertos os postos de traballo e as correspondentes funcións". A mesma obriga ten a fundación de cubrir as ausencias de persoal por vacacións ou baixas, que tampouco se están cubrindo.
Vázquez Verao explicou no Parlamento de Galicia que esta situación "seméllanos unha fraude: unha Fundación que recibe polo Convenio de suscrito coa Consellería 4 millóns de euros para a xestión deste centro e que acadou a adxudicación por, entre outras cousas, indicar que contaría con 2 educadores máis que os 32 esixidos na convocatoria, na realidade, ao non substituír vacacións, hai case 6 educadores menos dos que hai obriga de contar en plantilla.  As case 10.000 horas do persoal educador que non se substitúen son case 6 persoas. O mesmo sistema de recorte que aplican nas residencias de maiores; as mesmas consecuencias".



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi