Información
Localidades de Galicia

Denuncian que o goberno local tramita a "escondidas" dende hai dous meses un expediente de ruína para a fábrica da luz

Información
12 Septiembre 2018 270 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O nacionalista recordou que a súa formación leva lustros demandando que se protexa e garanta a conservación desta factoría única “e só cando o proceso de deterioro semella irreversible o goberno do PSOE accedeu a protexela”

A experiencia da Casa Gótica amósanos que as multas coercitivas que anuncia o goberno do PSOE non son a vía para garantir a conservación do patrimonio histórico e urxe tomar outras medidas”

 

Betanzos, 12 de setembro de 2018. O BNG denunciou que o goberno local leva tramitando desde hai dous meses un expediente de ruína para a Fábrica da Luz, un inmoble modernista cualificado provisionalmente como monumento industrial pola Xunta. “Parécenos lamentábel que a alcaldesa leve firmando decretos e providencias sobre este asunto desde antes mesmo de ser investida e en ningún momento tivese a ben informar á Corporación dun feito da gravidade deste”, explicou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

O BNG comprobou hoxe, analizando a documentación, que ademais de dous contenciosos de Naturgy, a antiga Gas Natural Fenosa, contra a negativa da licenza de demolición e contra a orde de execución para conservar o inmoble, hai un terceiro expediente que se inicia o 28 de xuño, no que a eléctrica pide a declaración de ruína do monumento e volve demandar a súa demolición. As nacionalistas cuestionan o “secretismo” con que o goberno local move este asunto. “Onte tivemos comisión de urbanismo, co concelleiro da área e a alcaldesa, e en ningún momento, cando menos na comisión, a rexedora tivo a cortesía de comunicarnos algo tan grave”, explica.

A alcaldesa prometeu continuismo e é verdade que desde o primeiro minuto está a seguir a peor liña do anterior alcalde, ocultando os temas con trascendencia real na cidade”, cuestiona o voceiro do BNG. “O PSOE segue buscando forzar os prazos para deixar que caia este monumento para logo lamentarse, non é a primeira vez, fixo o mesmo co Convento de Donas”, reprochou.

O nacionalista recordou que a súa formación leva lustros demandando que se protexa e garanta a conservación desta factoría única “e só cando o proceso de deterioro semella irreversible o goberno do PSOE accedeu a protexela”. Recorda que “no modelo de cidade do PSOE o solar da fábrica da Luz está ocupada por bloques de pisos a carón do río” mentres que “no BNG defendemos que este monumento é ideal para acoller equipamentos sociocomunitarios públicos”.

No caso de seguir así as cousas, e á vista do obvio interese público, faría ben o goberno local en iniciar un procedemento de expropiación forzosa para facerse co monumento, e desde logo tería o apoio do BNG” indicou Del Río. “Cremos, igualmente, que o Concello ten posibilidades de financiamento para logralo: desde a venda ou permuta de parcelas municipais no polígono, a disposición de crédito nos orzamentos ou o recurso a operacións de débeda para investimento, desde logo querer é poder” recordan. As nacionalistas resaltan que hai “un triple interese público máis que evidente: evitar o edificio enriba da ponte nova que o planeamento prevé, conservar o patrimonio e conseguir dotacións socioculturais para paliar parcialmente o déficit que ten o barrio da Madalena”.

As multas coercitivas do PSOE non garanten conservar o patrimonio

Neste sentido, desde o BNG demandaron ao goberno local “que deixe o lume de fogueo e tome medidas de calado para permitir conservar a Fábrica da Luz para as betanceiras do futuro”. “A experiencia da Casa Gótica amósanos que as multas coercitivas que anuncia o goberno do PSOE non son a vía para garantir a conservación do patrimonio histórico e urxe tomar outras medidas”, engade.

As nacionalistas xa denunciaron o pasado mes no Pleno que o goberno local non adoptara medidas diante do incumprimento da orde de execución dictada para garantir a conservación do inmoble e desvelaron que Naturgy presentara un recurso contencioso para poder demoler o inmoble modernista. “Só a raíz de denuncialo publicamente o PSOE moveu ficha co expediente que onte anunciaron”, lamenta Del Río.

lineaazul 1600

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...