Información
Localidades de Galicia

A Semana da Mobilidade arranca con graves deficiencias no servizo de bicicletas municipais

Información
14 Septiembre 2018 374 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ourense en Común avaliaba esta mañá como deficiente” o servizo municipal de préstamo de bicicletas ás portas de comezar a Semana Europea da Mobilidade, e avanza que levará ao próximo pleno a necesidade de arranxar os computadores que xestionan os préstamos nas estacións, e ampliar o servizo para “que se expanda e dea cobertura real en toda a cidade”.

 

    O grupo lamenta o estado dos equipos informáticos, abandonados durante anos, e sen repoñerse nin arranxarse antes de reactivar o servizo. “Ademais do intenso ruído que producen, as consecuencias están a afectar directamente ás persoas que utilizan as bicicletas. É frecuente que o sistema quede conxelado, e a estación desconectada da rede e fóra de servizo, impedindo o acceso ás bicicletas”.

    Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo, engade que “urxe ademais extender o servizo a toda a cidade, dar cobertura real en todos os barrios”, unha cuestión recollida entre as accións a curto plazo a executar coa posta en marcha do Móvete X Ourense, pero da que aínda non se deu orde á concesionaria do servizo  para que empece a traballar na previsión e implantación das novas estacións.

   As accións do Móvete teñen que simultanearse para que empecemos a ver resultados a curto prazo. Ourense precisa urxentemente cambiar de modelo“.

lineaazul 1600

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...