Información
Localidades de Galicia

O Tribunal Supremo declarou ilegal a fragmentación de parques eólicos como os de Ordes ou Coristanco

Información
21 Septiembre 2018 614 votos

A estratexia de dvidir un único parque eólico en varios pequenos para acadar facilidades de tramitación e furtar unha análise ambiental axeitada, tal e como está a acontecer en Coristanco e Ordes, é ilegal segundo o Supremo.



Tras a aprobación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, coñecida poluparmente como http://www.adega.gal/novas.php?sec=116&id=649&idioma=gl" target="_blank">"Lei de depredación", estamos asistindo a unha auténtica enxurrada de proxectos, nomeadamente parques eólicos, aproveitando as facilidades administrativas que propicia esta norma.
Para o caso das instalacións eléctricas, os proxectos que sexan declarados "de especial interese” gozarán dunha tramitación prioritaria e verán reducidos á metade os prazos de instrución, alén de que automaticamente terá prevalencia a utilidade pública destas instalacións por riba de calquera outra utilidade pública.

Algunhas empresas eólicas con megawatios adxudicados no último concurso están a solicitar á Xunta esta declaración "de especial interese", para deste xeito ver priorizados os seus proxectos, gozar das referidas prebendas administrativas, dificultar a participación pública e neutralizar calquera oposición.
É o caso dos recentes parques promovidos por Green Capital Power (parques "Monte Inxerio" e "Gasalla") en Ordes, Cerceda, Mesía e Frades; e Greenalia Power (parques "Campelo", "Bustelo" e "Monte Toural"), en Coristanco, Carballo e Santa Comba.

A fragmentación artificial, unha trécola ilegal segundo o Supremo

Mesmo algunha destas empresas, caso de Green Capital Power, renunciaron a tramitar un parque eólico no Ministerio (proxecto "Ardemil"), para presentalo "despezado" en parques de menos de 50MW ("Monte Inxerio" e "Gasalla") na Xunta, e así beneficiarse das prebendas administrativas que Feijóo instituíu coa Lei de depredación.
Pola súa banda Greenalia Power presentou http://www.adega.gal/novas.php?id=737&idioma=gl&sec=7" target="_blank">3 parques eólicos (Campelo, Bustelo e Monte Toural) de 42, 46,2 e 21 MW respeitivamente, nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Usou como no caso anterior a trécola do "despece" para que cada instalación, contigua ás demais e que comparten infraestruturas e liña de evacuación, non supere os 50MW e, portanto, sexa tramitada pola Xunta atendendo ao réxime especial e cos beneficios antes referidos.

Esta estratexis de despece dunha mesma instalación noutras máis pequenas xa foi cuestionada por diversas sentenzas xudiciais e declarada ilegal polo Tribunal Supremo. O Supremo español argumenta por exemplo na sentenza de 30 de marzo de 2017 (http://www.poderjudicial.es/search/contenidos.action?action=contentpdf&databasematch=TS&reference=7992074&links=&optimize=20170419&publicinterface=true" target="_blank">STS 1390/2017 sala do contencioso administrativo) que:

  • Existíu unha fragmentación artificiosa do que debera ser un único parque eólico, e non se fixo a correcta calificación do réxime xurídico das instalacóns en función da potencia instalada.
  • A consideración separada dos parques impide ter en conta os seus efectos sinérxicos dende a perspectiva medioambiental.

A cuestión é que segundo a Lei 54/1997 do Sector Eléctrico, se un parque eólico supera os 50MW tramítao o Estado, e se a potencia está por baixo desta cifra faino a Xunta. Acontece que tanto no caso de Galiza como o de Castela-León, as lexislacións autonómicas son menos garantistas e proteccionistas dos interese públicos (ambientais, patrimoniais, etc.) que a estatal. Tal é  a razón pola que estas empresas están a fragmentar artificiosamente os seus proxectos para conquerir vantaxes administrativas, coa connivencia da Xunta.

Trátase dunha fraude en toda regra na que o perxuízo queda para os veciños e veciñas da zona afectada en particular e o interese público en xeral. Recomendamos pois a concellos e propietarios/as que tomen nota desta xurisprudencia, con vistas a impugnar uns proxectos trucados que con moita probabilidade a Xunta vai autorizar.

Ligazóns

Novas relacionadas

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!