Información
Localidades de Galicia

INCUMPRINDO OS ACORDOS PLENARIOS DO CONCELLO DE OIA A XUNTA CONTINUA APLICANDO O USO DE GLIFOSATO COMO HERBICIDA NAS CUNETAS DO CONCELLO DE OIA.

Información
25 Septiembre 2018 149 votos

DESDE MOVEMENTO OIA DENUNCIAMOS A LIMPEZA DAS ESTRADAS GALEGAS A BASE GLIFOSATO REALIZADA NESTE CASO POR UNHA EMPRESA RADICADA EN SEVILLA QUE TRABALLA PARA A XUNTA DE GALIZA, PARA A LIMPEZA DOS MARXEES DAS ESTRADAS,

 

O CONCELLEIRO DO GRUPO MIXTO MUNICIPAL DE OIA, XOÁN LOIS VILA CRITICA A POUCA SENSIBILIDADE DA XUNTA DE GALICIA ANTE A DECISIÓN DE TODA A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE OIA POR UNANIMIDADE PARA PROHIBIR O USO DE GLIFOSATO EN TODO O MUNICIPIO E NO PERCORRIDO DO CAMIÑO DE SANTIAGO DÁ COSTA,

QUE AFECTA O PASO DOS PEREGRINOS, AOS NOSOS ACUÍFEROS, CULTIVOS, FAUNA E FLORA DÁ ZONA.

A ALCALDESA CONTINUA SALTÁNDOSE OS ACORDOS PLENARIOS E XUSTIFICANDO Á XUNTA. DIRIXIDA POLO MESMO PARTIDO QUE GOBERNA EN OIA, LIMITÁNDOSE A APROBAR ACORDOS E DESPREOCUPÁNDOSE DE QUE SE TOMEN AS MEDIDAS REAIS POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN E DE QUE SE CUMPRAN.

DESDE MOVEMENTO OIA ESIXIMOS QUE SE LIMPEN DE VERDADE OS MARXEES DAS NOSAS ESTRADAS CON OUTROS MEDIOS, POSTO QUE A VEXETACIÓN ALTA E A MASA BOSCOSA NON SE ESTÁ XESTIONANDO ADECUADAMENTE XA QUE INCLUSO EN ALGÚNS TRAMOS ENCÓNTRANSE TAPADAS AS SINAIS DE TRAFICO NO TRANSCURSO DA PO 552 POLA VEXETACIÓN, E QUE ESTA SEXA CONTRATADA POLOS MUNICIPIOS PARA QUE SE XENEREN EMPREGOS NA COMARCA SEN UTILIZAR QUÍMICOS AGRESIVOS AO MEDIO AMBIENTE E Á SAÚDE DE TODA A VECIÑANZA, XA QUE TAMÉN ESTÁ A INCUMPRIRSE A LEI DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DA XUNTA DE GALICIA.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi