Información
Localidades de Galicia

Solidariedade coruñesa para Nicaragua a que hay que descontar 15 mil euros que foron ao peto do sobriño da Secretaria de Goretti (BNG)

Información
23 Octubre 2018 252 votos
Solidariedade coruñesa para Nicaragua

Representantes das ONG Solidariedade Galega, Solidariedade Internacional de Galicia e Sólida Asociación reuníronse esta mañá co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ao que agradeceron o apoio da institución provincial para facer realidade e impulsar a acción do Instituto de Liderazgo de Las Segovias, en Nicaragua.

 

A través das súas liñas de apoio a proxectos de cooperación internacional, a Deputación vén colaborando na creación e desenvolvemento deste centro, creado en 2010 e convertido hoxe nunha referencia na loita polos dereitos humanos, a loita contra a pobreza e a formación sociocomunitaria no país centroamericano.

Nestes oito anos, a Deputación apoiou con máis de 166.000 euros a diversas ONGD galegas para levar a cabo a construción da sede do Instituto e as súas sucesivas ampliacións, así como para impulsar proxectos que axudan ao promover a igualdade e o desenvolvemento local baseado no gran potencial produtivo da zona.

Os representantes de Sólida Cooperación, Manuela Vilaboy e José Manuel Díaz; Solidariedade Internacional de Galicia, María Paz e Carolina Campos, e Solidariedade Galega, Antón González, agradeceron o compromiso da Deputación para sacar adiante un proxecto de referencia no ámbito da cooperación internacional do que se benefician miles de persoas dos municipios rurais do departamento nicaragüense de Nueva Segovia e explicaron algunhas das dificultades coas que se atopan para desenvolver o seu traballo na zona.

As entidades denunciaron a vulneración sistemática dos dereitos humanos por parte do goberno de Daniel Ortega.

Neste sentido, lembraron a recente detención, sen ningún tipo de explicación or parte das autoridades nicaragüenses, de Haydee Castillo, directora do Instituto de Liderazgo de Las Segovias e coñecida activista internacional polos dereitos humanos, que xa está en liberdade.

Os portavoces das ONGD entregaron unha copia do informe "Sembrando el terror: de la letalidad a la persecución en Nicaragua", elaborado por Amnistía Internacional e demandaron apoio institucional para esixir o cumprimento efectivo dos compromisos que o Estado de Nicaragua adquiriu en materia de dereitos humanos.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi