Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE A XUNTA “BOTE BALÓNS FORA” NAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DA EXPLOSIÓN EN TUI

Información
14 Noviembre 2018 262 votos

A portavoz de Xustiza de Xustiza do grupo socialista, Patricia Vilán lamenta que a Xunta “bote balóns fora” nas responsabilidades da explosión en Tui. Vilán recordou hoxe, na Comisión de Administración Xeral, Xustiza e Interior, que segundo o previsto na Lei do Solo do ano 2016 é responsabilidade da Xunta establecer a distancia entre as vivendas habitadas e as pirotecnias.

 

Vilán recordou tamén que foi un deputado do Partido Popular o que sendo alcalde no ano 2013 deu licencia para a apertura da pirotecnia “La Gallega” no ano 2013, pese aos reparos municipais. A sentenza xudicial na que se ordenaba o peche da pirotecnia foi firme en xullo do ano 2017 baixo a alcaldía do partido socialista e comezáronse revisións periódicas nas que a Policía comprobaba que esta fora executada.

A responsable socialista puntualizou que a empresa seguíu traballando sen control logo da moción de censura presentada no Concello que supuxo un cambio de goberno en outubro do 2017 despois do acordo programático asinado polo secretario xeral do PP de Pontevedra e delegado territorial da Xunta de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e Converxencia XXI.

Sinalou que o goberno local ignorou as advertencias xudiciais para o peche da propia pirotecnia, tanto o alcalde de Converxencia XXI como o tenente de alcalde do Partido Popular, consentiron que continuase coa actividade ata o punto que a Fiscalía de Pontevedra ten presentado unha denuncia fronte o actual alcalde da localidade, Carlos Vázquez Padín, por un presunto delito de desobediencia.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!