Información
Localidades de Galicia

Acordo de concertación social: a carreira profesional para quen?

Información
10 Enero 2019 128 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O "Acordo de concertación social" no emprego público de Galiza, aprobado na Comisión de Persoal do 27/12/2018 co voto favorable de CCCOO e UGT, e en contra da CIG, inclúe a tan demandada "carreira profesional", un sistema ven a ser unha especie de pacto de "sexenios" que permitirá incrementar as retribucións en función da antigüidade.

 

A proposta inicial da Administración presentada polo verán estaba destinada exclusivamente ao persoal funcionario de carreira e ao persoal laboral que aceptase a funcionarización. Excluía ao resto do persoal laboral e ao persoal temporal/interino. Ao longo da negociación, algunha cousa mudou.

O ámbito de aplicación finalmente queda así:

  • Recoñéceselle ao persoal funcionario de carreira de Administración, agás unhas das escalas da lei 17/1989 (ver nota final).
  • Recoñéceselle ao persoal laboral fixo que se funcionarice (que acepte e supere a funcionarización). Queda excluido o persoal laboral fixo que non queira pasar a funcionario ou que non supere o proceso selectivo para a funcionarización.
  • persoal laboral fixo de categorías ás que a Administración non lles ofreza pasar a funcionario, terán un sistema retributivo equivalente (ainda por negociar).
  • Ao persoal funcionario interino recoñeceráselles dentro de 6 anos o grao I. Ese será o seu máximo.
  • persoal laboral temporal e indefinido, está excluído

O recoñecemento dun grao de carreira implica obter unha avaliación positiva polo cumprimento dunha serie de criterios que, no texto do acordo, tan só quedan definidos para o acceso ao grao I anticipado. Para os demais graos (anticipado II e todos os ordinarios), os criterios quedan por definir. Así que non podemos asegurar que no futuro sexa algo restritivo ou sometido a criterios subxectivos.

Se ben facilitan o acceso anticipado ao grao I e posteriormente ao grao II a quen teña certa antigüidade (e cumpra os demais requisitos que fixan), o feito de cambiar (ou ter cambiado) de corpo ou escala (por exemplo, por promoción interna), implica que o sistema de acceso ao grao seguinte será máis restritivo que o fixado para o acceso anticipado (farán falla cinco anos dende o cambio de corpo ou escala). 

Teñas un día de servizos ou teñas case cinco anos, no 2019 comezarán a computárseche os cinco anos de grao inicial e, seguindo o sistema ordinario, ata o ano 2024 non pasarás ao grao I.

A CIG entende a carreira profesional como un sistema de promoción horizontal vinculado aos servizos prestados, para todos e todas en función da antigüidade, sen exclusións, sen filtros e sen chantaxes.

Nota final: a Lei 17/1989 creou as escalas sanitarias, como escalas de persoal funcionario de administración de grupos A1 e A2, clasificados en dous tipos, as escalas de saúde pública e administración sanitaria (farmacéuticos inspectores, inspectores e subinspectores médicos, xestores sanitarios, etc), e as escalas de atención primaria e especializada (programas de tuberculose, antigos gabinetes de planificación familiar). Estes últimos son 18 postos de traballo, e por decisión política, serán os únicos funcionarios de administración que quedan excluidos da carreira profesional. Pero tamén estaban excluídos da carreira do Sergas ata que estes días acaban de ofrecerlles un proceso de estatutarización que as persoas afectadas rexeitan, por canto implica un empeoramento imporante nas súas condicións de traballo.

http://autonomica.cigadmon.gal/w2/inicio/descargas/send/15-varios-sen-mellor-clasificacion/400-acordo-de-concertacion-social-aprobado-o-27-12-2018" target="_blank" rel="nofollow noopener noreferrer">Descargar o acordo de concertación social, aprobado o 27/12/2018

lineaazul 1600

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...

Día 16, 17 y 18 (continuación). P.A. 14/17. 9.30 horas. Estafa....

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

Sección primera.

Días,...