Información
Localidades de Galicia

USC ascende a posición 268 da edición 2018 do ránking mundial GreenMetric.

Información
10 Enero 2019 127 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


Imaxe de arquivo do campus compostelá. Foto: RQ

De entre 719 universidades de todo o mundo, a de Santiago de Compostela ascende a posición 268 da edición 2018 do ránking mundial GreenMetric. O obxectivo desta clasificación é reflectir os esforzos realizados polas institucións universitaria no desenvolvemento e implantación de políticas e programas respectuosos co medio ambiente e a sustentabilidade.



Esta é unha iniciativa da Universidade de Indonesia na que a USC mantén presenza dende o seu lanzamento en 2010. Co resultado desta nova edición do ránking, a institución docente compostelá mellora posicións con respecto á rexistrada o ano anterior, cando ascendera á posición 283 de entre 619 universidades de todo o mundo.

Os responsables da clasificación analizan o compromiso das universidades coa sustentabilidade a partir dunha serie de aspectos que inclúen a recompilación de información básica sobre o perfil de cada universidade, particularmente en relación ao seu tamaño e ámbito xeográfico de implantación. Os criterios en base aos que se organiza a valoración final de cada institución son os de enerxía e cambio climático (21% da nota final); tratamentos dos residuos (18%); programas de educación e investigación (18%); accións en relación cos medios de transporte nos campus (18%); configuración e infraestruturas (15%); e uso da auga (10%). A recompilación dos datos realízase a través de enquisas en liña enviadas a administradores universitarios.

lineaazul 1600

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...

Día 16, 17 y 18 (continuación). P.A. 14/17. 9.30 horas. Estafa....

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

Sección primera.

Días,...