Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS RECLÁMANLLE AO PP QUE “BAIXE A SOBERBIA E SUBA A CAPACIDADE DE DIÁLOGO” PARA REFORMAR A ATENCIÓN PRIMARIA

Información
18 Enero 2019 132 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe ao PP que “demostre que aprendeu, baixe un pouco a súa soberbia e suba a capacidade de diálogo”. Así o dixo ao presentar unha proposición non de Lei coas aportacións dos colectivos sanitarios para sentar as bases da reforma da Atención Primaria que permita recuperar a calidade asistencial perdida logo de 9 anos de recortes de Feijóo.

 

O PP ten que corrixirse a si mesmo e reducir a súa soberbia”, abundou o portavoz socialista, antes de reclamar “cambiar o equipo na Consellería de Sanidade”, devolvendo ao seu titular a exercer a súa praza de médico, xa que, dixo, “é a mellor aportación que pode facer” á sanidade pública diante do déficit de profesionais.

Torrado alertou de que a Xunta pretende que os grupos de traballo da sanidade sexan “punto e final”, cando “resultan insuficientes” e “deben ser o comezo” do diálogo para paliar, en primeiro lugar, a falla de persoal sanitario, logo de nove anos deseñando “enxeñería xurídica e fiscal para consolidar a explotación laboral dos traballadores e das traballadoras”. Así, reclamou que a convocatoria de OPE sanitario inclúa prazas novas e non só a reposición de xubilacións.

Os socialistas reivindican a recuperación das xerencias de Atención Primaria postas en marcha polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, que agora Feijóo quere devolver logo de telas cancelado en 2012. O mesmo goberno de Touriño, dixo, foi o que publicara e promovera os contratos MIR que, de novo, Feijóo metera nun caixón e agora lembrou, o mesmo PP que ten votado en contra de aumentar a capacitación profesionais dos traballadores da sanidade pública.

Feijóo e as fotos

Julio Torrado alertou da intención do goberno galego de convocar aos ditos grupos de traballo sobre a reforma da Atención Primaria para “facerse fotos aparentando que solucionan o problema”. Subliñou que os grupos de traballo “son un punto de inicio pero non poden ser un punto e final”, e lembrou que non foron convocados pola Xunta nin os PACs en folga, nin outros profesionais de atención Primaria como o caso dos fisioterapeutas, por exemplo.

Ironizou ademais coa escasa habilidade de Feijóo, que “non é o mellor escollendo con quen fai as fotos”, e que “hoxe está en Andalucía, aplaudindo xunto a Santiago Abascal”, en alusión á toma de posesión do presidente daquela Comunidade Autónoma apoiado polos votos de Vox e Ciudadanos.

lineaazul 1600

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...