Solidariedade coruñesa para Nicaragua

Representantes das ONG Solidariedade Galega, Solidariedade Internacional de Galicia e Sólida Asociación reuníronse esta mañá co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ao que agradeceron o apoio da institución provincial para facer realidade e impulsar a acción do Instituto de Liderazgo de Las Segovias, en Nicaragua.

Información
Localidades de Galicia

A Audiencia de Ourense condena a tres anos de prisión a tres acusados de traficar con droga

Información
23 Octubre 2018 182 votos

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a tres anos de prisión e a pagar unha multa de 860 euros a tres acusados dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde. O tribunal tivo en conta á hora de ditar a sentenza, contra a que cabe presentar recurso de casación, a atenuante de dilacións indebidas. Os maxistrados absolveron por falta de probas a outros seis acusados do mesmo delito.

Información
Localidades de Galicia

O home que matou o seu irmán en Guillán (Vilagarcía) é condenado a dous anos de cárcere

Información
23 Octubre 2018 201 votos

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dous anos de prisión por cometer un delito de homicidio por imprudencia en concurso con outro de lesións dolosas ao veciño da parroquia de Guillán, en Vilagarcía, que matou o seu irmán dun disparo de escopeta en setembro de 2012. O tribunal aplicou as atenuantes de dilacións extraordinarias, confesión e reparación do dano, xa que o imputado está a abonar as indemnizacións.

O alto tribunal require que o experto, que será o que por quenda corresponda, sinale as obras de recheo que teñan o seu exclusivo amparo no Plan Especial aprobado pola Consellería de Política Territorial en outubro de 2000; que indique as obras que puidesen ter amparo no Estudo de Impacto Ambiental de 1994; que sinale as obras do porto que poden ter cobertura noutros instrumentos diferentes ao anulado; e que informe se o Plan Especial de 2013 puidese dar cobertura ás obras de recheo amparadas no plan de 2000 anulado. 
Información
Localidades de Galicia

O TSXG confirma a condena por asasinato ao home que matou a súa moza en Lugo​ en 2016

Información
18 Octubre 2018 303 votos

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación interposto polo home condenado a 25 anos de cárcere por asasinar a súa moza en Lugo en abril de 2016. A Audiencia Provincial de Lugo, no fallo que agora confirma o TSXG, tamén lle impuxo, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, outros dous anos de privación de liberdade por cometer un delito de violencia habitual no ámbito familiar.

Información
Localidades de Galicia

O TSXG confirma a condena a tres acusados de vender droga en Arteixo

Información
18 Octubre 2018 301 votos

A Sala do Civil e Penal do TSXG desestimou o recurso de apelación presentado por tres condenados pola Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña por vender droga en vivendas de Arteixo en 2017. Un deles foi sentenciado a catro anos e medio de cárcere porque o tribunal tivo en conta a agravante de reincidencia; e os outros dous acusados, a tres anos de prisión. Contra o fallo cabe presentar recurso de  casación ante o Supremo. 

Información
Localidades de Galicia

O Xeodestino da Ría de Vigo e Baixo Miño dá os seus primeiros pasos.

Información
17 Octubre 2018 322 votos

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, os 13 concellos do territorio do GDR 14 (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui) e o concello de Soutomaior asinaron este mércores 17 de outubro un convenio de colaboración para a posta en marcha, xestión e e dinamización desde xeodestino turístico, o primeiro de toda Galicia en ser xestionado por un Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR). Con esta iniciativa búscase aglutinar esforzos e xerar un maior fluxo turístico nos 14 municipios que abrangue o xeodestino e dar resposta a unha actividade económica complexa de carácter transversal cun mercado tremendamente esixente, dinámico e influenciable.

Información
Localidades de Galicia

MOVEMENTO OIA ESIXE A ACCESIBILIDADE AOS BENS DE INTERESE CULTURAL (BIC).

Información
17 Octubre 2018 146 votos

Por causa de facer política populista o PP e o Psoe de Oia non teñen claro o que votan en pleno diante dos veciños...

O Concelleiro do Grupo Mixto Municipal de Oia, Xoán Lois Vila, esixe novamente a accesibilidade aos bens de interese cultural.

Dende Movemento Oia criticamos que o concello continua coa súa parálise ante os problemas do mosteiro e incumprindo a lei de patrimonio de Galicia, e por causa de facer política populista o PP e o Psoe non teñen claro os acordos plenarios que adoptan en pleno diante dos veciños en acordos anteriores...

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe a “falta de ambición” no teito de gasto aprobado hoxe no Parlamento polo PP co voto en contra dos socialistas galegos. O responsable socialista criticou a escasa previsión de creación de emprego logo da renuncia a 138 millóns de euros adicionais de endebedamento autorizados por Bruxelas.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi