Información
Localidades de Galicia

BASTA XA DE PROPAGANDA ELEITORAL, E PÓÑANSE A TRABALLAR POLO BEN DO NOSO FUTURO

Información
01 Febrero 2019 110 votos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten unha memoria selectiva, oxalá algunhas puideramos ter a mesma memoria para esquencer certas cousas.

Información
Localidades de Galicia

A Audiencia de Lugo condena a 23 anos de cárcere a un acusado de violar e maltratar a súa muller

Información
01 Febrero 2019 99 votos

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a 23 anos e dez meses de cárcere, así como a dez anos de liberdade vixiada, a un home que violou a súa muller, á que lle esixía cartos para comprar droga e sometía “a continuos episodios de violencia”. O tribunal considerouno autor de delitos de malos tratos habituais, agresión sexual, lesións leves e coaccións. Os xuíces consideran acreditado que o imputado ameazaba a súa muller con facerlle dano ás súas fillas, non deixalas saír e “matalos a todos”. Nunha ocasión agrediu a súa filla maior, á que chegou a arrincar un guecho de pelo, cando trataba de defender á súa nai. O sospeitoso tamén foi penado coa prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante 26 anos e, ás súas fillas, durante catro e tres anos, respectivamente.

Información
Localidades de Galicia

CxG APOSTA POLO TAXI COMO SERVIZO PÚBLICO INDISPENSABLE PARA GALICIA.

Información
31 Enero 2019 106 votos

CxG A TRAVES DA SUA EURODEPUTADA IZASKUN BILBAO, TRASLADOU UNHA PREGUNTA NA COMISIÓN EUROPEA SOBRE A REGULACIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTES DE PASAXEIROS.

Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS CRITICAN ANTE O CONSELLO DE CONTAS A “OPACIDADE” NA XESTIÓN DA XUNTA

Información
31 Enero 2019 102 votos

Begoña Rodríguez Rumbo acusa ao goberno galego de “incumprir a lei de transparencia” e “entorpecer o traballo dos deputados e o coñecemento da cidadanía”

Información
Localidades de Galicia

CGT denuncia que 600.000 fogares españois seguen sen recibir ingresos malia a recuperación económica?

Información
31 Enero 2019 104 votos

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) manifestou a través dun comunicado, no que analiza os datos da EPA correspondente ao cuarto trimestre de 2018, que a ?recuperación económica?, unha vez máis, recaeu sobre as mesmas de sempre.

Información
Localidades de Galicia

O Xulgado autoriza a entrada en vigor mañá da baixada de tarifas dos autobuses urbanos da Coruña

Información
31 Enero 2019 91 votos

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 4 da Coruña denegou á Compañía de Tranvías a medida cautelar que solicitou para suspender a entrada en vigor da redución de tarifas do autobús urbano aprobada polo Goberno local o pasado 28 de decembro. A concesionaria demandou ao xulgado a paralización da baixada de prezos ata que non resolva sobre o recurso que presentou contra os acordos da Xunta de Goberno Local para rebaixar o prezo dos billetes.

Información
Localidades de Galicia

O Colexio de Xornalistas esixe a liberdade inmediata dos xornalistas detidos en Venezuela

Información
31 Enero 2019 102 votos

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia condena enérxicamente a detención en Caracas de tres xornalistas da axencia EFE (Gonzalo Domínguez Loeda, Mauren Barriga Vargas e Leonardo Muñoz) e esixe a súa inmediata posta en liberdade. O Colexio de Xornalistas quere facer extensiva tamén esta petición ao resto de informadores detidos e a calquera outro comunicador que reciba presións por causa da crise en Venezuela.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Enerxía, José Domínguez Abascal, co que abordou a situación que atravesa a o comarca de Ordes-Cerceda tras o anuncio de peche da central térmica de Meirama por parte de Naturgy., previsto para 2020.

Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a pena de seis anos de cárcere a un home que abusou sexualmente dunha amiga en agosto de 2016 cando se atopaba inconsciente tras consumir alcol nunha romaría da Estrada. O tribunal, do mesmo xeito que a Audiencia Provincial de Pontevedra, considera probado que o sospeitoso e outras dúas persoas acompañaron a vítima á súa casa cando se sentiu indisposta “ata o punto de perder o coñecemento”. Pouco tempo despois, o acusado, que sabía que a muller estaba soa e que a porta non quedara pechada con chave, volveu ao domicilio “co propósito de satisfacer os seus instintos libidinosos”. Unha vez alí, o home quitoulle a roupa, meteuna na cama, deitouse con ela e violouna. A muller, segundo a sentenza, atopábase nun estado de “inconsciencia”, polo que non puido opoñer resistencia. A vítima recobrou o coñecemento cando a violaba.

lineaazul 1600

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...