Información
Localidades de Galicia

O apoderamento feminino entra no Dicionario da Real Academia Galega

Información
05 Noviembre 2018 230 votos

O Seminario de Lexicografía engade acepcións ao termo 'apoderar' e incorpora 'apoderamento' para expresar coa voz propia do galego unha nova realidade social no avance cara á igualdade

O coordinador do Seminario de Lexicografía, Manuel González, explica na Tribuna de academia.gal por que se optou por esta forma fronte a 'empoderamento'

O deputado socialista Julio Torrado denunciou hoxe “intencionalidade política” na CRTVG de manter na súa web durante un ano a información falsa titulada “deteñen por acoso e falsificación ao tenente de alcalde de Lalín”. Torrado presentou unha pregunta oral na Comisión da CRTVG advertindo que non foi detido, obviaron que se presentara voluntariamente a declarar e “o que é máis grave, non informaron do arquivo do caso”.

Información
Localidades de Galicia

O TSXG confirma a condena a unha muller que viaxou desde Lima a Santiago con dous quilos de cocaína

Información
31 Octubre 2018 212 votos

A Sección do Civil e Penal do TSXG confirmou a condena de seis anos e medio de cárcere que a Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, lle impuxo a unha muller procedente de Lima que foi interceptada o pasado 26 de febreiro en Lavacolla cando transportaba dous quilos de cocaína na súa maleta. O alto tribunal galego desestima as alegacións da defensa da acusada e indica no fallo que o que pretende é “substituír o imparcial criterio xudicial polo seu”. Así, destaca que quedou acreditado que a condenada era “consciente” de que transportaba a droga, cuxo prezo no mercado ilícito alcanzaría os 120.000 euros. A sospeitosa tamén foi sentenciada a abonar unha multa de 170.000 euros.

Información
Localidades de Galicia

A Audiencia da Coruña condena a dez anos de cárcere ao home que matou o seu curmán nos Mariñeiros

Información
31 Octubre 2018 211 votos

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, de acordo co veredicto emitido a semana pasada polo tribunal do xurado, condenou a dez anos de cárcere como autor dun delito de homicidio ao home que matou o seu curmán durante a madrugada do 10 de novembro de 2017 no barrio dos Mariñeiros, na Coruña. O acusado, segundo consta na sentenza, abordou á vítima, que tiña 50 anos, na rúa e, “coa intención de acabar coa súa vida”, cravoulle un coitelo “en repetidas ocasións”. Ademais de dez anos de prisión, a Audiencia tamén lle impuxo o abono dunha indemnización de 105.300 euros á nai do falecido e de 102.000 euros á súa parella.

Información
Localidades de Galicia

O Xulgado desestima a demanda de UXT contra Sargadelos por vulneración da liberdade sindical

Información
31 Octubre 2018 237 votos

O Xulgado do Social número 2 de Lugo desestimou a demanda interposta por UXT e a ex representante dos traballadores en Sargadelos contra a empresa de cerámica e o seu administrador por vulneración do dereito á liberdade sindical. UGT presentou a demanda tras a comunicación de despido de 49 empregados con efecto inmediato que realizou o dono de Sargadelos o pasado 17 de agosto . “Non queremos que ninguén se sinta explotado, segundo o léxico sindical”, consta probado na sentenza que dixo o administrador.

Información
Localidades de Galicia

O TSXG aumenta a pena a un condenado porque considera que a súa intención era violar á vítima

Información
31 Octubre 2018 87 votos

A Sala do Civil e Penal do TSXG estimou o recurso de apelación interposto pola acusación particular contra a sentenza da Seccción Segunda da Audiencia Provincial de Ourense que condenou a dous anos de cárcere ao home que o 27 de setembro de 2017 tentou agredir sexualmente a unha muller que facía deporte nun paseo fluvial situado no partido xudicial de Xinzo de Limia.

A Mesa envía ao Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias un relatorio sobre a situación do galego que será tido en conta para a elaboración do 5º informe de avaliación do cumprimento deste tratado

Información
Localidades de Galicia

O TSXG anula a resolución da Xunta que prohibía emitir a Cuac FM

Información
29 Octubre 2018 129 votos

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG estimou o recurso presentado pola Asociación Colectivo de Universitarios Activos (Cuac) contra a prohibición de emisión radiofónica en FM ditada pola Xunta o pasado mes de febreiro. O TSXG declara na sentenza que Cuac FM ten vixente a garantía temporal de emisión que lle negaba a Secretaría Xeral de Medios mentres a administración competente “non se pronuncie de forma motivada e clara sobre a falta da devandita garantía temporal”.

Información
Localidades de Galicia

O TSXG desestima os recursos contra a ampliación dos pantaláns do Náutico de Sanxenxo

Información
29 Octubre 2018 127 votos

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG inadmitiu os recursos interpostos polo Concello de Sanxenxo e veciños da zona contra a resolución de Portos de Galicia de maio de 2012 que autorizou ao Real Club Náutico a ocupar terreos de dominio público portuarios para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-recreativas. O proxecto incluia a creación de dous novos pantaláns para embarcacións, a habilitación de prazas de amarre e a ampliación do pantalán pesqueiro.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi