Información
Lugo

Vilalba incrementa as prestacións municipais aos veciños coa contratación de 9 traballadores co DepuEmprego

Información
04 Septiembre 2018 107 Votos

Vilalba incrementa as prestacións municipais aos veciños coa contratación de 9 traballadores co DepuEmprego IMG01

O Concello de Vilalba reforza a prestación de servizos municipais aos veciños do municipio, coa contratación de 9 traballadores a través do DepuEmprego, o programa que o Goberno da Deputación dotou de 3,5 millóns de euros para financiar custos laborais de novos empregados nos municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.

 

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, explicou que “dende o Goberno da Deputación decidimos pór en marcha esta programación pois somos conscientes das limitacións que teñen os municipios para contratar a máis persoas co que mellorar a prestación de servizos, debido á taxa de reposición”. Neste senso, A Deputada lembrou que no 2007 a taxa de reposición era do 100% mentres que nos últimos anos, salvo excepcións de grupos especiais, a reposición foi o 0%. “É dicir, por cada 10 traballadores públicos que se marcharon, só entrou 1 a traballar na administración, ocasionando unha merma na calidade dos servizos que se ofrece aos veciños”, apuntou.

9 traballadores de Vilalba

O Goberno da Deputación, dentro da súa aposta polo fomento e a xeración de emprego nos distintos Concellos da provincia de Lugo, financiou a contratación de 9 empregados no Concello de Vilalba, a través do programa DepuEmprego. Este programa, xunto co BenEmpregado, fan un investimento de case 20 millóns de euros cos que se xeraron 1.500 postos de traballo na provincia, e son considerados pilares das políticas que se desenvolven dende a Deputación.

Carlos, de 59 anos, traballa como peón de obras públicas no Concello de Vilalba, posto que conseguiu por primeira vez ao ser seleccionado polo Concello, a través do programa Depuemprego.

Sandra, de 30 anos, conta cunha titulación e Maxisterio, conseguiu o seu primeiro traballo a través do Depuemprego. Este é o segundo ano que concorreu ao posto de administrativo que ofertaba o Concello de Vilalba.

Cesáreo, de 50 anos, traballa como peón de obras públicas no Concello de Vilalba, un posto do Depuemprego ao que concorreu por primeira vez, e foi seleccionado pola súa experiencia laboral no campo da construcción, no que traballou toda a vida.

Suevia, de 35 anos, natural de Guitiriz. É licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e diplomada en Turismo. Actualmente, desenvolve a súa actividade laboral como técnico de turismo no Concello de Vilalba, posto que conseguiu a través do programa DepuEmprego, ao que candidatou por primeira vez.

José Javier, de 54 anos, desenvolve a súa actividade profesional no Concello de Vilalba como peón de obras públicas, posto do Depuemprego que adquiriu por primeira vez, despois de presentarse ao proceso de selección do Concello.

Roberto, de 32 anos, traballa como técnico medio de Xestión no Concello de Vilalba. É licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. O traballo gústalle e está familiarizado coa rutina do Concello, xa que xa fixera prácticas anteriormente e este é o segundo Depuemprego que desfruta.

José, de 55 anos, foi seleccionado polo Concello de Vilalba para desenvolver un posto de peón de Obras Públicas. Está acostumado a traballar duro, xa que emigrou con 18 anos a Paris e logo a Suíza, para exercer diferentes postos no sector da construcción.

Pedro, un home de 57 anos, que exerce a súa actividade profesional como peón de obras públicas no Concello de Vilalba, posto para o que foi seleccionado grazas á súa experiencia profesional no sector da construcción, no que desempeñou varios postos que encaixa co perfil solicitado polo Concello.

Servando, de 58 anos, foi autónomo case toda a súa vida laboral, na que desenvolvía un traballo de lousador. Conseguiu un posto de peón de obras públicas no Concello de Vilalba, a través do programa Depuemprego, ao que concorreu por primeira vez.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi