Información
Lugo

Fonsagrada, os premios do XLIII Concurso- Exposición de gando vacún deste Concello da alta montaña

Información
04 Septiembre 2018 121 Votos

A Fonsagrada acolle o tradicional concurso de gando vacún, co apoio da Deputación IMG01

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Vicepresidente e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, xunto con outras autoridades, entregaron este sábado no mercando gandeiro da Fonsagrada, os premios do XLIII Concurso- Exposición de gando vacún deste Concello da alta montaña, co que colabora o Goberno da Deputación.

 

Fernández Queipo remarcou que “este certame ten consolidado á Fonsagrada como referente da produción gandeira da provincia e supón un importante impulso para a economía do propio Concello e dos limítrofes. Non hai que esquecer que Galicia é a terceira comunidade española en produción de carne de vacún, e a nosa provincia ocupa o primeiro posto no ranking galego e o terceiro en España”, sinalou.

O Vicepresidente explicou ademais que “este certame, que cumpre 43 edicións, está plenamente consolidado no calendario de feiras da provincia, e ademais, contribúe a impulsar a produción e a comercialización dos nosos produtos autóctonos cos preto de 30 postos nos que se pode mercar dende produtos gastronómicos ou pezas de artesanía, na praza do Concello”.

4.500 euros en premios

Nesta nova edición participaron preto de 60 reses de gando e repartíronse preto de 4.500 euros en premios. Ademais, durante a xornada subastouse un lote novillas de rubia galega. Coma cada ano, os establecementos comerciais do Concello, así como os organismos oficiais da vila colaboraron con este concurso doando diferentes trofeos para os vencedores nas diferentes categorías.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi