Información
Lugo

O circuíto World Pádel Tour aterrizou en Lugo para a posta de largo do Lugo Open 2018

Información
05 Septiembre 2018 507 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Lugo xa respira paixón polo mellor pádel do mundo

 O décimo torneo da tempada non puido contar con mellor escenario para a súa presentación que a Muralla, que esta mañá acollía a presentación oficial desta etapa galega do circuíto. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto ao director nacional desta proba, Luis Torres, foron os encargados de facer a presentación, con tres padriños ideais para tal ocasión; a mellor xogadora lucense do circuíto, Vanesa Alonso, a súa compañeira, a ourensana Isabel Domínguez, e unha lenda deste deporte, que leva Galicia e Lugo no seu ADN, Juan Martín

.

Deste xeito, o oitavo open do curso daba o seu pistoletazo de saída a unha etapa que terá a súa pista central no Pazo Universitario dos Deportes, e que converterá a Lugo dende hoxe e ata o domingo no epicentro do pádel mundial.

"Lugo volve a facer historia no deporte", asegurou a Alcaldesa na presentación desta cita, que ademais da transcendencia deportiva, pois reúne ás mellores palas de todo o mundo, unhas 140 parellas; vai a supoñer un gran retorno económico, estimado nun millón de euros, ademais da difusión mediática: máis de 7600 entradas vendidas, retransmisión dos partidos en Gol TV e en streaming, con 2 millóns de visualizacións eno 2017, entre outros. Ademais, este evento constitúe un paso máis no obxetivo do Goberno de Lugo de situar a Lugo no mapa nacional e internacional do deporte, como fórmula para potenciar o municipio, tras ser sede da Volta Ciclista a España, acoller a Copa Princesa de Voleibol e Baloncesto, os Xogos do Eixo Atlántico ou campionatos de natacións sincronizada. Para rematar, a rexedora animou ás persoas afeccionadas do padel, que cada vez ten máis adeptos, a gozar con este espectáculo e de Lugo.

Pola súa banda, Darío Campo subliñou que "para a Deputación de Lugo é un auténtico privilexio colaborar na organización desta cita, que situará a nosa provincia no mapa mundial do deporte. Así, abrimos as portas do Pazo dos Deportes para dar cabida a este evento, no que se darán cita as parellas mellor clasificadas en categorías masculina e feminina a nivel internacional. Quero lembrar que o Executivo fixo que a Deputación sexa a admistración galega que máis inviste en deporte na provincia de Lugo, e facémolo dentro da nosa aposta por un estilo de vida saudable e polo fomento de eventos que logran reunir a un elevado volume de público, xerando riqueza no noso territorio".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...