Información
Elecciones municipales de Galicia

Compromiso defenderá as propostas de ACERGA na rúa e no Parlamento de Galicia

Información
20 Agosto 2016 1085 votos

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, expresou o seu apoio ás demandas da asociación de armadores, ACERGA, que anuncia mobilizacións pola repartición das cotas de anchoa, que son insuficientes e ridículas,  con 57 toneladas para 153 embarcacións.

“Temos gobernos sen palabra e sen peso, e non me estraña que os mariñeiros estean queimados” afirmou Bascuas, en relación ao compromiso que había por escrito polo goberno estatal para aumentar as cotas, que non se tivo en conta, sen que a Xunta fixera nada para que se respectara o acordo. Tampouco se atenden as peculiaridades da anchoa dos caladoiros co Cantábrico á hora da repartición.

Nunha visita que realizou á localidade de Portosín, Xoán Bascuas entrevistouse co presidente de ACERGA, Juan José Blanco, ao que lle expresou persoalmente o seu apoio:“Está claro que este país está gobernado por un partido que non ten concepto de país. Necesitamos máis autogoberno e que se defendan os intereses dos nosos sectores produtivos. A frota de cerco e os mariñeiros galegos están esquecidos por Feijóo. O noso compromiso está a carón deles”.

O candidato galeguista á presidencia da Xunta deixou claro que “estaremos defendendo as peticións de ACERGA tanto na rúa coma no Parlamento de Galicia”.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi