Información
Elecciones municipales de Galicia

Ourense en Común agradece o respaldo de Anova para as municipais de 2019

Información
24 Septiembre 2018 401 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por OUeC,  compartirá mañá en Ourense unha reunión de traballo co portavoz nacional de Anova e deputado de En Marea, Antón Sánchez.
•    O local de Ourense en Común nas Burgas recibirá a representantes de diferentes candidaturas municipalistas da provincia para definir o traballo de cara a asumir o horizonte 2019.


    
    Unha delegación da Comisión Permanente de Anova, encabezada polo deputado de En Marea Antón Sánchez, participará este martes 24 de setembro nun encontro con Ourense en Común ás 20h no Espazo Común das Burgas. Segundo declaracións do propio Portavoz Nacional da organización fundada por Xosé Manuel Beiras,o obxectivo é mostrar o apoio de Anova aos procesos de Unidade Popular consolidados, nos que a nosa militancia participa a nivel individual”.

    O encontro, no que participarán tamén outras candidaturas da provincia de Ourense, como Ribeiro en Común e Alternativa Veciñal do Carballiño, pretende definir o traballo de cara a asumir o horizonte 2019.

    “É fundamental artellar un proxecto común no que todas nos sintamos representadas. Damos a benvida e agradecemos o apoio de Anova. A situación de parálise de Ourense é grave e nos interpela a todas. Ninguén pode quedar na casa, temos que ser lexión para reverter as políticas que levan secando o concello e a provincia durante décadas. Ourense ten unha oportunidade de cambiar de ciclo como xa sucedeu no resto de Galicia e para iso todas somos necesarias”, afirma Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por Ourense en Común.

lineaazul 1600

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

ROGA GALEGA 28A

Parece ser que polo de agora a 22 de febreiro...

OS SOCIALISTAS PRESENTAN A PEDRO SÁNCHEZ COMO A “ÚNICA POSIBILIDADE DE FREAR A REGRESIÓN SOCIAL” QUE BUSCAN AS DEREITAS

Xoaquín Fernández Leiceaga insta unha mobilización progresista masiva e “sen...

CONTACTOS/PACTOS/ELECCIONS XERAIS

Depois de ver o "espectáculo" lamentable que levamos dando desde...

CxG XUNTA EN SAMOS Á EXECUTIVA NACIONAL ANTE O NOVO RETO ELECTORAL DE ABRIL.

CxG TRATOU EN SAMOS O ADIANTO ELECTORAL PARA O 28...