Información
Ourense

Manuel Baltar recibe aos deportistas de Ourense que participarán no Mundial de Atletismo Máster

Información
29 Agosto 2018 285 votos

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar recibiu hoxe no Pazo Provincial aos atletas veteranos de Ourense que participarán no Mundial de Atletismo Máster que terá lugar do 4 ao 16 de setembro en Málaga e no que se darán cita preto de 8.000 deportistas. A delegación de deportistas veteranos que visitaron hoxe a Deputación de Ourense estivo integrada por Emilia Mesa (lanzamento de peso e xabalina), Benito Gómez (media maratón) , X. M. Fernández Márquez (10.000, 5.000 e media maratón), Luz María Domínguez (400), Domingo Álvarez (400, 800), Adolfo Salgado (adestrador), Rubén Diz (media maratón), Chema Ferreiro (100 m. liso) e Emma Valencia (100 m. valla).

 

Trala reunión, Baltar dixo que a Deputación de Ourense "axudará aos deportistas que levarán o nome de Ourense nun evento deportivo de primeiro nivel internacional", e desexoulles "grandes éxitos" na vindeira competición.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi