Información
Ourense

3 millóns de euros en axudas a concellos da provincia

Información
01 Septiembre 2018 255 votos

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá un total de 3.075.627 euros en axudas a concellos da provincia para diversas actuacións en materia de Cultura, Infraestruturas, Medio Ambiente e Deporte. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 31 de agosto de 2018.

 

Por unha parte, a Xunta de Goberno aprobou a ratificación de convenios de colaboración con 38 concellos da provincia para a execución de diversas obras municipais, para as cales a Deputación de Ourense destina un orzamento total de 2.789.057 euros.

Así mesmo, continuando en materia de cooperación cos concellos da provincia de Ourense, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda para o Concello de Arnoia de 7.805 euros destinada á instalación dun equipo de frío no velorio municipal. Pola súa parte, para o Concello de Beariz na reunión aprobáronse catro axudas: unha de 28.000 euros para o acondicionamento do local cedido pola Consellería de Educación do CEIP de Beariz como "Casa Nido" e adaptalo para ofrecer este servizo; para a instalación de bombeo con enerxía fotovoltaica na captación de Adrián, unha axuda de 6.400 euros; outra de 8.000 euros para a colocación de canastras colgantes no pavillón polideportivo de Beariz; e a última de 9.655 euros para sinalizar os recursos turísticos do municipio.

Para o Concello de Celanova, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 11.921 euros para a reparación de danos causados polos temporais de xullo de 2017 en distintos puntos do municipio, mentres que para o Concello de Cenlle aprobou unha axuda de 19.655 euros para o saneamento en Rioboo. Para o Concello do Irixo aprobou unha axuda de 4.054 euros para o subministro e colocación dun conxunto escultórico en homenaxe aos veciños que faleceron por enfermidade ou en accidentes na construción do túnel de San Cosme-Abeleda da vía do ferrocarril Zamora-Santiago, e para Montederramo unha axuda de 25.000 euros para unha cisterna contra incendios con capacidade para 10.000 litros cos elementos de conexión ao tractor desbrozadora xa existente.

Asemade, na reunión aprobouse unha axuda para o Concello de Muíños por importe de 70.000 euros para o Programa "Coñece Ourense", para o "Campamento da Ourensanía" e para socorristas correspondentes ao ano 2018. Pola súa parte, para o Concello de Nogueira de Ramuín aprobáronse na reunión dúas axudas: unha delas de 12.308 euros destinada á mellora da rede eléctrica para o aforro enerxético a través da implantación de reloxos astronómicos, e a outra de 37.569 euros para obras de mellora no Camiño do Val. E, para o Concello da Peroxa, aprobouse unha axuda de 9.000 euros para a mellora do acceso a Fontao e a Santabaia.

Para o Concello de Punxín tamén aprobou a Xunta de Goberno dúas axudas, unha de 5.000 euros destinada ao Certame de Artes Plásticas "Arte e Natureza" que ten como obxectivos mostrar as potencialidades paisaxísticas do municipio e apoiar a creación artística dos novos valores representados polas xeracións máis novas, e a outra axuda de 8.203 euros está destinada ás obras de canalización de regadío en Viñao co obxecto de dotar dun novo tramo de saneamento complementario ao xa existente neste punto. E, para o Concello da Rúa de Valdeorras, unha axuda de 20.000 euros para a adquisición dun proxector dixital para o Centro Cultural Avenida co fin de retomar ás exhibicións cinematográficas que se proxectaban nesta infraestrutura. Por último, na reunión aprobouse unha axuda para Isaac Rodríguez e David Rodríguez SC por importe de 4.000 euros para o American Autumn 2016, unha iniciativa que pretende ser unha mostra da música que se está a facer en Estados Unidos.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi