Información
Ourense

Obras da estrada provincial que une Leiro e Caldelas

Información
01 Septiembre 2018 373 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Obras que está a levar a cabo a Deputación de Ourense na estrada provincial OU – 0307 a petición do Concello de Leiro. "Trátase da construción dun muro de contencion no km 2+950 da estrada OU-0307 (OU - 504) – Caldelas (OU – 212), no municipio de Leiro", explicou Pablo Pérez, quen lembra que se trata dunha actuación solicitada polo municipio no ano 2017 para a ampliación da sección transversal desta estrada provincial.

 

"As obras iniciáronse onte, 28 de agosto, por parte dunha das brigadas de conservación da Deputación de Ourense tras solucionar o problema da cesión dos terreos necesarios para levar a cabo estas actuacións, que consisten na execución dun muro de contención de aproximadamente 190 m3 e a colocación de 100 ml de barreira metálica de seguridade de contención", explicou o deputado provincial de Cooperación. Os traballos que se levarán a cabo no municipio de Leiro durante aproximadamente tres semanas, supoñen un orzamento de 25.699 euros.

"Esta actuación é unha mostra máis do compromiso que ten o goberno provincial coa seguridade das estradas da nosa provincia e da disposición da Deputación de Ourense ás demandas dos nosos municipios", engadiu Pablo pérez. Neste senso, o alcalde de Leiro agradeceu á Deputación a súa "constante colaboración coas necesidades do noso municipio".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...