Información
Ourense

40.000 datos de empresas e sectores de actividade do polígono de San Cibrao para definir estratexias de crecemento

Información
08 Septiembre 2018 1517 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • O traballo, desenvolvido pola Deputación de Ourense, a Asociación de empresarios e a Universidade de Vigo, ten como obxectivo "reflexionar sobre os retos que teñen que afrontar as organizacións empresariais", dixo Manuel Baltar no acto de presentación de "O polígono en cifras".

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na presentación do estudo "O polígono en cifras", iniciativa conxunta da Deputación de Ourense, a Asociación de Empresarios de San Cibrao e a Universidade de Vigo, que ten como obxectivo coñecer a situación actual das empresas do polígono, reflexionar sobre os retos que teñen que afrontar as organizacións empresariais e definir estratexias de crecemento dun instrumento que debe xogar o papel de liderado que lle corresponde na tarefa de fortalecer o tecido industrial ourensán e galego. No estudo analízase 40.000 datos de 338 empresas do polígono e 185 actividades económicas.

O acto, celebrado esta mañá na sede da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, contou tamén coa participación do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o presidente da Asociación, Elías Mera; e os vicerreitores de Economía, Investigación e Transferencia do Campus de Ourense, José María Martín, Belén Rubio, Consuelo Pérez e Esther de Blas.

Manuel Baltar expresou que esta alianza de cooperación institucional, académica e empresarial "tomou como referente o Observatorio Económico Ourensán, que desenvolve a Deputación de Ourense, e trátase de analizar, a través dos números, tendencias, comportamentos económicos e as perspectivas de futuro das empresas do polígono, que constitúen o 20 % da produción da provincia de Ourense e que abranguen o 11 % do emprego no territorio provincial, zona industrial de referencia en Galicia".

Baltar salientou a cooperación que a Deputación de Ourense vén mantendo coa Asociación de empresarios do polígono e co campus de Ourense, tanto no que atinxe á prestación de servizos como no desenvolvemento de iniciativas académicas, culturais, formativas e de investigación en diversos ámbitos de actividade, entre os que destacou as cuestións demográficas, que o Observatorio tamén contempla". Asemade, o presidente do goberno provincial remarcou a importancia "de seguir poñendo en valor o rural, ao que hai que ver como unha fortaleza, xa que nel hai talento e dinamismo, e entre a universidade e o goberno provincial temos que continuar a traballar neste ámbito, pois o campus de Ourense é a cidade e tamén a provincia".

O estudo, cuxos resultados se coñeceran en outubro, permitirá analizar as prestacións, necesidades e tendencias das empresas do polígono de San Cibrao das Viñas. Está realizado por un equipo universitario dirixido polo profesor Andrés Mazaira, e trátase dun "espazo compartido" para coñecer a situación actual das empresas do polígono, desde unha perspectiva dinámica e agregada, a partir da análise de datos reais e "ad hoc", o que permitirá reflexionar sobre os retos que teñen que afrontar ás organización empresariais, especialmente as de ámbito industrial, derivados dos procesos continuos de transformación económica e social, para poder definir estratexias de crecemento.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...