Información
Ourense

Ourense en Común esixe a dimisión de Flora Moure despois da sentenza xudicial que confirma o enchufe do Xefe de Persoal

Información
19 Septiembre 2018 370 votos

No día de hoxe facíase pública unha contundente sentenza xudicial que reitera a ilegalidade no nomeamento de Javier Rodríguez Nóvoa como Xefe de Recursos Humanos do Concello de Ourense.

O procedemento do nomeamento, segundo considera acreditado o TSXG, estivo "precedido polas bases da convocatoria cuxo contido está viciado de nulidade radical". Por iso, sinala que é "imprescindible" a aprobación previa dunhas novas bases que substitúan ás afectadas "pola nulidade de pleno dereito, a fin de respectar coas novas aqueles principios constitucionais que teñen que observarse e as esixencias contidas para o concurso específico na Lei 2/2015".

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG comparte o criterio do xulgado de instancia de que, a pesar de que o recorrente foi o candidato que obtivo maior puntuación no apartado de cursos, "non é posible coñecer que cursos foron valorados, sendo así que algúns non teñen as horas de duración e non poderían computarse, e os motivos polos que se entendeu que teñen relación co posto convocado, cuxa falta de motivación non pode suplirse por unha mera operación aritmética de sumar os asignados, pois con iso quedan sen exteriorizar as razóns polas que se entende que existe conexión de tales cursos alegados co posto".

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (sentencia AP_Ourense.pdf)sentencia AP_Ourense.pdf   380 kB

Os maxistrados, ademais, destacan que "nada se di nesta apelación sobre o argumento ao redor de que ningún dos 17 títulos achegados ten relación coa área de recursos humanos nin coas funcións do posto convocado". O tribunal sinala que no apartado relativo á memoria, o apelante tamén é o candidato mellor valorado, pero "non se ofrece xustificación de tal puntuación".

•    O goberno fóra advertido previamente mediante un recurso de reposición, desestimado pola concelleira de Persoal Flora Moure.
 
•    O fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a sentenza do Xulgado do contencioso administrativo nº 2 de Ourense de 3 de octubre de 2017.
•   A sentenza deixa entrever un posible delito de prevaricación da concelleira de persoal do Partido Popular.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....