Información
Ourense

32º "Anuario da Gaita", o monográfico científico máis antigo no ámbito da cornamusa

Información
20 Septiembre 2018 1008 votos

Ourense, 20 de setembro de 2018.- A Deputación de Ourense, por medio da Escola Provincial de Gaitas, edita a 32ª edición do "Anuario da Gaita", unha publicación dedicada ao estudo e á investigación do instrumento senlleiro de Galicia, a cornamusa, sendo "a única publicación nas súas características en Galicia e o monográfico científico máis antigo no ámbito da gaita", salientou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, durante a presentación do Anuario no Pazo Provincial, na que estivo acompañado polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; e polo director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo.

 

Esta publicación, unha das moitas iniciativas que desenvolve a Escola Provincial de Gaitas a prol da nosa cultura e tradición, achega ao lector investigación, historia, cultura e etnografía sobre o mundo da gaita, explicou Rosendo Fernández, quen lembrou que se trata dunha publicación "pioneira dentro do seu xénero, sendo un traballo que aposta pola defensa do noso e pola identidade propia". Mentres que, Manuel Doval felicitou a Escola Provincial de Gaitas da Deputación por "continuar a traballar na identidade da nosa provincia".

O "Anuario da Gaita" é "o sentir das nosas xentes e da nosa cultura e representa o noso facer de cada día", explicou o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, quen lembrou que "este traballo recoñecido internacionalmente, quedará para a historia". Así mesmo, Xosé Lois Foxo lembrou que no preámbulo desta publicación, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, "adiantou que sería acertado chamar á Escola Provincial de Gaitas, "Escola Internacional de Gaitas da Deputación de Ourense", dado que cada día son máis os alumnos de todo o mundo quen a escollan para descubrir os segredos da cornamusa". Neste mesmo senso, explicou que "hai xente vinculada á Escola de máis de 20 países e que esa internacionalidade tamén vén de traballos científicos como o "Anuario da Gaita", como da man da Real Banda de Gaitas, que leva a nosa música a tódolos continentes".

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....