Información
Ourense

Baltar pon a disposición dos empresarios a Deputación de Ourense

Información
08 Noviembre 2018 88 votos

Ourense, 7 de novembro de 2018.- A xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia celebrou hoxe unha sesión deste órgano na sala de xuntas da Deputación de Ourense, á que asistiu o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar. A reunión enmárcase nas actividades de colaboración que mantén a entidade empresarial coa institución provincial ourensá, e que fixa como obxectivo xeral a xeración de sinerxias, empresariais e institucionais, entre os territorios que abranguen as súas competencias, á hora de captar investimentos e de xerar riqueza e emprego.

 

Na reunión participaron os membros da xunta directiva, encabezados pola presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, e destacados empresarios, como o ourensán Emilio Pérez Nieto.

A alianza de cooperación na que están a traballar a Deputación de Ourense e o Círculo de Empresarios de Galicia abrangue ámbitos de emprendemento, investimento, internacionalización e networking, liñas de colaboración que, en opinión de Manuel Baltar, permitirá seguir desenvolvendo iniciativas de apoio á competitividade para a nosa provincia", afirma o presidente da Deputación de Ourense, quen agradeceu "o talante emprendedor e cooperador" do Círculo de Empresarios.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi