Información
Ourense

Ourense podería ser multada e quedar sen subvencións por mor da mala xestión do PP na aprobación das Contas

Información
08 Noviembre 2018 253 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ourense en Común sinala “outro incumprimento e ilegalidade” do goberno do Partido Popular no Concello de Ourense, por “vulnerar a normativa” que regula a convocatoria da Comisión de Contas, en canto aos prazos para a aprobación da Conta Xeral do Concello do exercicio 2017, como paso previo para a súa remisión ao Tribunal de Contas, antes do 15 de outubro, como establece a Lei.

    A concelleira de  Ourense en Común, Montserrat Valencia, explica que a última comisión, referida ao exercicio 2016, celebrouse o 6 de outubro de 2017, “o ano pasado xa chegou con catro meses de retraso” con respecto ao recollido na normativa, e avanza que “este ano aínda se demorará ata os cinco meses ou máis, xa que aínda non está nin convocada”. Ademais, na lei de Facendas Locais, recóllese que a conta xeral someterase ao Pleno da corporación, para que poida ser aprobada antes do día 1 de outubro, “xa chegará tarde tamén”.

    A edil advirte de que “o concello de Ourense, como xestor de fondos públicos, ten a obriga de informar sobre a actividade económica, financeira e orzamentaria e facelo en tempo e forma”. Os reiterados retrasos e incumprimentos deste goberno “con absolutamente todo” son un “grave risco para as arcas municipais, e poría tamén en dúbida as inversións do goberno central”, engadindo que é o efecto dominó de non ter orzamentos e acumular facturas sen pagar.

    A Conta xeral é un conxunto de documentos que a Entidade local ten que elaborar cada ano, para informar sobre a situación do patrimonio, os gastos, os ingresos, e como se executou o orzamento do Concello, e segundo recolle o artigo 212 da lei de Facendas Locais, debera ser sometida antes do día 1 de xuño a informe da Comisión Especial de Contas do Concello, pasar despois a exposición pública durante quince días, e volver á Comisión de  Facenda, de modo que ao 1 de outubro tiña que ser sometida a pleno e, antes do 15, remitida ao Tribunal de Contas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...