Información
Ourense

Aberta a convocatoria para que máis de 700 nenos practiquen deportes de inverno en Manzaneda

Información
03 Diciembre 2018 308 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A Deputación de Ourense lanza unha nova edición deste programa, que desenvolverá na estación de montaña actividades de lecer e de deportes de inverno entre xaneiro e marzo.
  •  
  • Manuel Baltar presentou hoxe xunto ao director da estación, Gustavo Samartín, esta iniciativa organizada pola Deputación de Ourense en colaboración con Oca Nova Manzaneda e que comezará o 28 de xaneiro, distribuíndose en sete quendas de 105 persoas cada unha.
  •  
  • "Trátase dunha actuación no ámbito da infancia como as que vimos levando a cabo desde a institución provincial, nun dos espazos máis atractivos da nosa provincia", afirma Baltar, quen destacou o esforzo económico realizado polo accionariado de MEISA, "a firme aposta da Deputación, da man da Xunta, por modernizar esta infraestrutura de deporte e natureza, singular no noroeste da Península Ibérica".
  • Gustavo Samartín confirmou que proximamente, en canto as condicións meteorolóxica o permitan, poranse en marcha a totalidade dos canóns de neve artificial na estación de montaña.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...