Información
Ourense

9.528 escolares participan na 5ª Semana Escolar da Árbore e da Auga

Información
14 Marzo 2019 364 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 A 5ª Semana Escolar da Árbore e da Auga que organiza anualmente a Deputación de Ourense contará coa participación de 9.528 escolares que do 18 ao 22 de marzo realizarán diversas actividades para conmemorar os Días mundiais da Árbore e da Auga. A presentación desta iniciativa cultural tivo lugar hoxe no centro cultural "Marcos Valcárcel", acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o autor do conto ilustrado, Xosé Antonio Perozo; e a xerente de Viaqua, Ana Teijeiro.

 

O presidente do goberno provincial destacou "o éxito desta proposta cultural que iniciamos hai cinco anos e que cada edición ten unha maior acollida nos centros escolares da nosa provincia". Nesta quinta edición están inscritos "95 centros de Educación Primaria e 770 docentes realizarán as actividades propostas co alumnado durante eses días", sinalou Baltar.

"Esta iniciativa pioneira que se consolida con esta quinta edición, pretende poñer de relevo aos máis mozos, os xestores do futuro, dúas cuestións moi importantes para a nosa provincia: a auga porque somos unha provincia termal, e as árbores porque temos un territorio con salientables espazos naturais", explicou o presidente do goberno provincial.

Para esta ocasión editouse o libro Dama de Auga e os segredos das árbores, obra do autor Xosé Antonio Perozo, para que o alumnado "goce e aprenda máis coñecementos sobre estas cuestións fundamentais da nosa natureza: as augas e as árbores da nosa provincia", salientou o presidente da Deputación de Ourense.

A historia de ficción Dama de Auga e os segredos das árbores ten como protagonista á Dama de Auga, amiga das augas e das árbores que vivía nas terras de Ourense xunto coas ninfas e os gnomos. A loita contra a contaminación é o contrapunto que servirá para chamar a atención sobre a importancia da auga como elemento esencial para a vida no noso planeta. "Dama de Auga, a protagonista, vai a liberar e a salvar da contaminación ás dez árbores que aparecen na historia", explicou o autor do libro.

Pola súa parte, a xerente de Viaqua agradeceu á Deputación de Ourense o seu traballo a prol da "educación e a divulgación medioambiental que contribúen a facer conciencia de futuro", e dixo que o libro editado para esta edición está vencellado ao lema do Día Mundial da Auga é "Non deixar a ninguén atrás", resaltando a importancia da auga para tódalas persoas".

Ao igual que en edicións pasadas, elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Guía do profesorado con pautas para que os docentes utilicen os libros, que recibirá todo o alumnado participante. Como peche das actividades enmarcadas nesta celebración, o día 22 de marzo, ás 12.00 horas, os centros participantes procederán á plantación e rego dun pé de bidueiro, tamén remitido pola Deputación de Ourense aos centros inscritos.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

lineaazul 1600