O Xulgado declara nulo o cesamento do interventor do Concello de Ourense e considera probado o acoso do alcalde

Información
06 Junio 2024 - Ourense - Correo electrónico - Imprimir - 2081 votos

O Xulgado do Social número 1 de Ourense acolleu a demanda formulada polo interventor do Concello de Ourense contra o alcalde e contra a Administración local. Desta forma, o maxistrado declarou que a conduta levada a cabo polo rexedor municipal é constitutiva de acoso no traballo, polo que declarou a nulidade “de todas as actuacións que constitúen a mesma, entre elas o expediente de cesamento do actor e a resolución pola cal se lle cesa no seu posto de interventor”. Desta forma, condenou aos demandados a cesar “en toda actitude de acoso”, así como a repoñelo “inmediatamente” no seu posto de traballo de interventor e a abonarlle unha indemnización de 30.000 euros. 

Na sentenza, o maxistrado considera probado que, como consecuencia do informe emitido polo actor, do que se deu conta ao pleno na sesión celebrada o 1 de agosto de 2023 e “cuxas liñas principais estaban presididas polo traslado e exame das resolucións adoptadas pola Alcaldía-Presidencia contrarias aos reparos formulados, por un monto global cifrado en 24.718.895,10 euros”, o alcalde “inicia unha campaña de desprestixio nos plenos do Concello e redes sociais, que non ten outra finalidade que xustificar ante a opinión pública o seu futuro cesamento no seu posto, ao resultar un funcionario incómodo”. Na resolución, o xuíz relata que o rexedor municipal acabou perpetrando o cesamento “despois dun procedemento no que existe un informe do Ministerio de Facenda que se opón radicalmente a iso, por non estar ante un funcionario de libre designación, ao día seguinte da celebración do acto do xuízo”.

 

Por iso, considera probado que o actor “foi sometido a un proceso de acoso, coa finalidade de destituírlle do seu cargo, ao concorrer todos os requisitos necesarios para iso, e non estar ante un mero conflito, ao estar ante unha actuación desproporcionada por parte do señor alcalde, que non ten máis finalidade que a de danar a integridade psíquica do traballador”. Ademais, afirma que ese proceso de acoso o realizou a través de tres tipos de condutas: manifestacións nos plenos do Concello e negativas a concederlle a palabra; manifestacións nas redes sociais; apertura dun procedemento de cesamento “completamente ilegal, por falta de competencia do señor alcalde, conforme á normativa vixente, para proceder ao cesamento do demandante”.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Adjuntos
SENTENCIA AUTOS 101 24 Anonimizada.pdf [225.83Kb]
Subido Jueves, 06 Junio 2024 por xornalgalicia

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV