Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Deputación de Pontevedra leva ao Porriño a película "Visións" do proxecto "Cinema e muller"

A través desta película colaborativa o Goberno de Carmela Silva quere visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia de Pontevedra

 

Este domingo 12 de febreiro, ás 19:00 horas, o cineclube do Porriño acolle a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.

Visións trátase dunha película na que participan activamente dez mulleres cineastas da provincia de Pontevedra. Achegan dez olladas nas que cinema e arte se funden nunha produción íntima e poliédrica, centrada en cuestións relacionadas co xénero. Así, a película aborda desde a intimidade da creación e a construción da corporeidade da natureza, ata berros, o corpo feminino, o día a día dunha creadora audiovisual, a dificultade de conciliar, así como a relación entre a casa e a muller ou entre xeracións de mulleres dunha mesma familia.

Nesta película colaborativa, promovida pola institución provincial, participan Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Andrea Zapata, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo e Claudia Brenlla. Visións, realizada en dous meses, inclúe dez minicurtas, nas que as directoras fixeron tamén de cámaras e de montadoras, e realizaron a película de principio a fin, coas súas propias mans, cun axustado orzamento como exemplo do cinema que practican.

O proxecto "Cinema e muller", que impulsou a posta en marcha da película Visións, trátase dunha aposta por dar visibilidade ao traballo das máis de setenta mulleres que se dedican ao mundo audiovisual da provincia de Pontevedra, ben como cineastas, ben como editoras, produtoras ou guionistas.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia tras fracasar en la petición de documentos públicos sobre los letrados y sus compatibilidades en el Concello de A Coruña...