Información
Pontevedra

Ariana González e Brais Misa suman un novo triunfo no "DepoDesafío" 2018 tras vencer no trail da Cañiza

Información
28 Agosto 2018 211 Votos

O Concello da Cañiza gozou este domingo 26 de agosto dun bonito trail encadrado no "DepoDesafío" 2018 da Deputación de Pontevedra. Cun éxito de participación, récord ata o momento no reto deportivo da institución provincial, na meta impuxéronse Ariana González e Brais Misa.

A proba, unha carreira a pé que atravesou os montes da Cañiza cun percorrido duns quince quilómetros, foi a terceira parada do "DepoDesafío" 2018 da Deputación de Pontevedra despois da carreira entre Tomiño e A Guarda e a travesía a nado no Grove.

Este trail de montaña supuxo unha nova vitoria para Ariana González, na categoría feminina, e Brais Misa na masculina, porque tamén foron os vencedores da proba inaugural no Baixo Miño.

Ariana González gañou cun tempo de 1 hora, 15 minutos e 44 segundos, avantaxando en tan só 28 segundos a Uxía Fernández. A terceira en cruzar a liña de meta foi Mónica Mezquita, que actualmente lidera a clasificación xeral do "DepoDesafío" 2018. A falta de dúas probas Mónica Mezquita acumula 520 puntos, 5 máis que Ariana González. Pola súa banda, en categoría masculina, o gañador foi Brais Misa, que completou o trail da Cañiza en 59 minutos e 19 segundos, conseguindo deste xeito unha vitoria moi clara por diante de David Garrido, que acabou a proba cun tempo de 1 hora, 2 minutos e 31 segundos. Con esta nova vitoria, Brais Misa recupera o liderado da clasificación xeral cos seus 480 puntos, 35 máis que Ricardo Rey, que nesta proba foi cuarto, e cunha vantaxe de 95 sobre David Garrido.

Ao finalizar todas as probas organizadas pola institución provincial gañarán a muller e o home que rematen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.

Tras o trail da Cañiza, a seguinte proba do "DepoDesafío" 2018 será unha proba BTT en Cerdedo-Cotobade, o domingo 16 de setembro. Para esta carreira a inscrición estará aberta, na web da Deputación de Pontevedra, ata o vindeiro 14 de setembro. Tamén está aberto o prazo de inscrición para a última proba, o tríatlon de Vigo, que terá lugar o primeiro fin de semana de outubro.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi