Información
Pontevedra

MOSTEIRO DE OIA, BEN DE INTERESE CULTURAL (BIC) E EMBLEMA DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA EN RISCO DE DERRUBO FRONTE AO OUTONO QUE SE AVECIÑA!

Información
02 Septiembre 2018 174 Votos

IMG 20180710 175934162Dende Movemento Oia, respectando a legalidade, solicitamos o cumprimento da lei de patrimonio, tanto defendendo as mocións presentadas ata a data de hoxe, como esixindo o seu cumprimento.

Esiximos o cumprimento da lei de patrimonio para a conservación do ben de interese cultural, incluíndo todas as medidas que a lei outorga como pode ser a expropiación contemplada no articulo 51.1. da lei se non se cumpre o deber de conservación.

Os actuais propietarios, xa eran coñecedores da situación do Mosteiro no ano 2004, antes da súa compra. A Xunta de Galicia (PPdeG), consentiu naquela época a operación.

 

En 2018, 14 anos despois tras numerosos arranxos e derrubes o Mosteiro atópase nunha situación crítica con falta de gran parte da cuberta nunha das súas naves máis importantes entre outros moitos deterioros sen que nin o Concello, nin patrimonio, nin a Xunta indiquen que medidas debe tomar a propiedade para evitar a súa deterioración de fronte ao outono que se aveciña.

Segundo os medios a propiedade non conseguiu acceder a unha subvención de 3,3 millóns de euros para restaurar o Cenobio.

Desde 1931 o Mosteiro é “Ben de Interese Cultural” e ten o seu propio plan de protección especial, ...en ningún momento ningún concelleiro nin partido político en Oia opúxose en contra de ningunha actuación na súa restauración que estivese avalada pola Xunta de Galicia e os técnicos de patrimonio.

Movemento Oia, entende que o Concello, non pode asumir a responsabilidade da propiedade, derivada da mala conservación, nin aprobar un proxecto que supón un despropósito ao querer xustificar súa actuación coa inversión dos terreos contiguos ao cenobio.

Non se debería contemplar a modificación dun plan urbanístico, para trasladar a edificabilidade duns terreos protexidos e non edificables aumentando o volume cos terreos contiguos. Este proxecto, nada ten que ver coa conservación e restauración e co cumprimento da lei de patrimonio, nin co plan especial de protección ao que se atopa sometido o ben.

Obviamente se a propiedade tenta rentabilizar súa inversión e usar terreos protexidos para trasladar volume edificable con terreos contiguos, esta modificación puntual non debería ser aprobada, entre outras cousas porque o Concello carece dos servizos necesarios para que os proxectos expostos ata a data sexan viables.

Isto ao marxe xa do resto de consideracións e problemáticas, como supón a deterioración paisaxística e prexuízo que se causaría a un monumento emblemático do camiño de Santiago portugués da costa ao poñer unha barreira de edificios no costado sobre elevado dereito do mosteiro. Rompendo a liña de paisaxe do camiño de Santiago e do núcleo urbano do Arrabal de Oia. Devandito proxecto supón duplicar as vivendas da parroquia, implica xunto co hotel proxectado aumentando a poboación existente que xa se duplica no verán, sen mellorar os escasos servizos de auga e saneamento que xa son insuficientes e ineficaces na actualidade.

Este proxecto non se atopa ligado ao deber de conservación da lei de patrimonio, nin á restauración, senón as necesidades da propiedade, incumprindo en todo caso o seu deber de conservar e restaurar o cenobio.

A nova Lei de patrimonio Outorga potestades ás Administracións locais para velar e promover a conservación do patrimonio. O Camiño de Santiago Portugués da Costa atópase en Oia. Dentro dese camiño, a Costa de Oia, achega un valor natural e paisaxístico excepcional.

O Arrabal, con máis de 22 edificacións anteriores ao 1910, típicas casas mariñeiras. O mosteiro, todo un emblema ao tratarse do único Mosteiro situado á beira do mar, xunto coa restauración da Camboa, compoñen un conxunto histórico único. Polo que como icona de atracción turística é necesario que se poña en valor todo o conxunto arquitectónico.

A declaración de conxunto histórico artístico permitiría a peonalización da contorna e outorgará acceso a fondos de cultura e turismo que permitiran ao Concello realizar o proxecto de recuperación e posta en valor de todo a contorna. Dentro dese ámbito, Movemento Oia a través do concelleiro do grupo mixto Xoán Lois Vila, presentou unha moción para a declaración de conxunto histórico “Vila Mariñeira” ao obxecto de poñer en valor parte do patrimonio Histórico de Oia. Esta moción foi aprobada por todos os partidos políticos. 
Polo que debemos de instar á Alcaldesa para promover a correspondente solicitude á Xunta canto antes para que cando chegue o próximo ano Xacobeo o proxecto poida ser unha realidade.

Nestas cuestións o interese xeral debe de primar sempre por encima de calquera cuestión partidista e neste caso Movemento Oia súmase nás actuacións da defensa do Mosteiro”.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi