Información
Pontevedra

O territorio transfronteirizo do Río Miño contará cunha marca propia

Información
04 Septiembre 2018 147 Votos
Río Miño

Os 36 concellos do sur de Galiza e norte de Portugal que comprenden o territorio do Río Miño Transfronteirizo contarán cun distintivo propio, a marca Río Miño, segundo informou o deputado provincial e director da AECT Rio Minho, Uxío Benítez. A creación desta marca servirá "para aumentar a visibilidade da ampla oferta transfronteiriza que existe no territorio, e que se caracteriza pola súa variedade e calidade, favorecendo a chegada de turismo durante todo o ano, reforzando o sentimento de identidade sen fronteiras e poñendo en valor este territorio como un dos activos turísticos máis destacados do sur de Galicia e Norte de Portugal .

 

A marca Río Miño recollerá así mesmo outras submarcas para diferentes produtos relevantes da zona como poden ser a gastronomía, os viños, o patrimonio cultural e natural, ou as rutas de sendeirismo de ambas beiras do río.  Agárdase que o deseño da marca estea listo a principios de 2019, cando se presentará publicamente.

A creación da marca Río Miño enmárcase dentro da actividade 1 do proxecto de cooperación europea Visit Río Miño, do que forman parte   Pontevedra, o CIM Alto Minho, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais, o Centro Tecnolóxico do Mar, a Universidade de Vigo e as cámaras municipais do norte de Portugal. O seu obxectivo é o de preservar e promover o territorio do río Miño Transfronteirizo. O proxecto conta cun 75% de financiamento de fondos FEDER, e desenvólvese baixo a coordinación da AECT Río Miño.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi