Información
Pontevedra

Pontevedra acadou en agosto un 87% de ocupación hoteleira

Información
05 Septiembre 2018 540 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os resultados de ocupación hoteleira acadados no pasado mes de agosto e que de media ascenderon ao 87%. "Podemos falar novamente dun verán de récord, cunha altísima ocupación, que sitúa á nosa provincia como o grande referente turístico de Galicia", indicaron fontes de turismo.

 

En concreto, asegurou que a comarca do Salnés rexistrou unha ocupación do 91%, a de Pontevedra rozou o 90%, O Morrazo acadou o 92,75%, a comarca de Caldas chegou ao 93%, a de Vigo superou o 90,2%, O Baixo Miño rexistrou unha ocupación do 84,45%, O Condado e A Paradanta acadaron o 76,5% e Deza e Terra de Montes o 76,25%.  Pola súa banda, os establecementos de turismo rural tiveron unha ocupación media provincial en agosto do 82%, os cámpings do 85% e as vivendas turísticas do 92%, acadando o 100% en vilas como Sanxenxo, Cambados, Poio, Pontevedra, Bueu, Vigo e Silleda.

En liñas xerais, a presidenta provincial informou que entre xaneiro e xullo, atendendo aos últimos datos do INE, "chegaron á provincia de Pontevedra 742.392 visitantes, cifras semellantes ás acadadas no mesmo período de 2017 xa que soamente se rebaixou nun 1,5% o número de visitantes con respecto ao ano pasado".  Máis polo miúdo, e facendo referencia ao estudo do INE, Carmela Silva amosou a súa satisfacción porque "a nosa aposta pola desestacionalización do turismo está a ter xa moi bos resultados xa que entre xaneiro e xuño rexistramos 3.000 persoas viaxeiras máis que o ano pasado, o que manifesta que cada vez son máis as persoas que veñen ata a nosa provincia fóra da temporada turística alta".

Ademais, tamén puxo en valor que o obxectivo marcado polo Plan Estratéxico de Turismo para internacionalizar o destino está tamén a ter resultados positivos. Neste caso, Carmela Silva destacou que entre xaneiro e xullo deste ano viñeron dende o estranxeiro ata Rías Baixas 177.131 turistas fronte aos 159.000 que o fixeron no mesmo período do 2017.
 
O Castelo de Soutomaior e os Camiños cara Compostela pola provincia tamén acadaron porcentaxes superiores ás de agosto do 2017. Neste eido, a presidenta provincial informou que o Castelo de Soutomaior recibiu 6.278 persoas, un 26,4% máis que no mesmo mes do 2017, e que dende a reapertura do mesmo foron xa máis de 19.000 as persoas que se achegaron ata o recinto, un 104,30% máis que no mesmo período do ano pasado.

En canto aos Camiños cara Compostela, Carmela Silva subliñou que peregrinaron pola provincia 15.576 persoas, un 5% máis que o ano pasado. Máis polo miúdo o Camiño Portugués foi realizado por 11.657 persoas; o Portugués pola Costa por 2.290, un 45,7% máis que o ano pasado, e a Vía da Prata por 1.568 persoas, un 6,5% máis que en agosto do 2017.

Xunto a estas cuestións, a presidenta da Deputación tamén facilitou información relativa ás persoas que visitaron as oficinas de turismo. Neste contexto, o 81,63% proviñan do Estado (principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla e Vitoria) fronte ao 18,37% que procedían do estranxeiro (Portugal, Italia, Reino Unido, Alemaña e Arxentina). Amais, o 55,25% das persoas que acudiron ás oficinas den agosto tiñan entre 35 e 60 anos, aloxáronse en hoteis entre 7 e 15 días e escolleron a provincia de Pontevedra, ademais de polo sol e praia, pola cultura e ocio. En total, o 56,55% dos que chegaron ata as Rías Baixas non coñecían o destino.

 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...