O próximo domingo 16 de setembro terá lugar a edición número 45 do Maratón de Berlín, unha das mellores carreiras nesta distancia no mundo e onde se teñen rexistrado as mellores marcas. A carreira arrincará ás 09:15 e contará coa presenza de quince atletas do equipo de Ponteareas.
O maratón de Berlín é un dos seis “Majors”, as seis mellores probas do mundo, xunto con Nova Iork, Londres, Boston, Tokio e Chicago
A delegación dos Taninos Runners leva meses preparando a proba, algúns con obxetivos altos, pretendendo rebaixar as 3 horas de carreira, algo que para atletas afeccionados é un listón importante. Durante todas estas semanas de preparación, co calor do verán, non faltou o apoio do resto dos compañeiros e compañeiras do equipo, que apoirán, na distancia, aos participantes.
A Asociación deportiva Taninos Runners de Ponteareas continúa fomentando a práctica de deporte e organizando actividades para sumar á cidadanía a xeitos de vida máis saudables. De feito, unha vida activa implica, case por incercia, hábitos de vida saudables, que repercuten na saúde individual e na economía dun estado, ao ser unha poboación con menor posibilidade de padecer as enfermidades do século XXI, derivadas do sedentarismo e da falta de exericio físico.