Información
Pontevedra

Soutomaior entra a formar parte do "Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España"

Información
11 Noviembre 2018 206 votos
Castelo de Soutomaior

O goberno de Carmela Silva vén de coñecer a resolución positiva do "Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España" para que o castelo de Soutomaior forme parte da mesma como socio colaborador. Para Silva, este feito "é unha manifestación máis de que os pasos que seguimos a dar para situar a Soutomaior como un dos grandes referentes turísticos da provincia de Pontevedra están a dar os seus froitos".

 

A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción por este recoñecemento "que converte, máis se cabe, a Soutomaior nun atractivo turístico de primeira orde a nivel estatal". Carmela Silva destacou que "non paramos de impulsar proxectos no Castelo e para o Castelo". Máis polo miúdo, Silva referiuse a que nesta semana se clausuraron as visitas teatralizadas, con todas as prazas esgotadas e case 5.000 persoas en lista de agarda, e vai ter lugar, o vindeiro domingo con motivo do Día Europeo do Enoturismo, unha cata a cegas en colaboración coa Ruta do Viño Rías Baixas que tamén esgotou as cen prazas en canto se ofertaron.

Coa resolución favorable do "Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España", que impulsa a Secretaría de Estado de Turismo, o castelo de Soutomaior intégrase ademais nas accións de promoción futuras desta oferta turística cultural. Deste xeito, o vindeiro 20 de novembro o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, participará o vindeiro 20 de novembro en Madrid na primeira asemblea do club que permitirá situar ao recinto histórico pontevedrés ao mesmo nivel de castelos tan coñecidos como o de Peñafiel ou o de Belmonte.

Durante a primeira asemblea do "Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España", á que asistirá o deputado de Turismo o vindeiro 20 de novembro en Madrid, presentarase a plataforma tecnolóxica a través da cal se porá en valor a rede de castelos pertencente ao club. Ademais, tamén se dará a coñecer o plan de acción para o vindeiro ano, a estratexia promocional da rede de castelos e palacios, a distribución, así como as experiencias desenvolvidas polos castelos e palacios socios.

O obxectivo principal deste club turístico consiste en afrontar de xeito coordinado e a nivel estatal a oferta cultural e visitas aos castelos e palacios integrados nel. Así, preténdese configurar un produto turístico tomando como elemento principal os castelos e palacios e, a través deles, amosar a historia aderezada con experiencias turísticas novas e singulares.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....