Información
Pontevedra

“Celestino Brianes” para a piscina municipal

Información
13 Noviembre 2018 408 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ao entender do goberno que dirixe Alberto Varela, aínda que a labor de Celestino Brianes será dificilmente esquecible para todos aqueles que practicaron ou coñeceron o deporte local nas últimas décadas, é preciso que a súa figura e a súa obra sexan recordadas no propio complexo deportivo de Fontecarmoa como agradecemento de todos os vilagarciáns pola súa dedicación aos demais, pero tamén como exemplo para futuras xeracións. Brianes Lojo participou do atletismo, do baloncesto, do fútbol ou da natación, dirixindo delegacións federativas ou promovendo a creación de clubs, o último o de Natación.



Pero, ademais, Brianes foi un dous promotores e fundadores da actual Fundación Pública de Servizos Deportivos, da que foi vicepresidente e vocal en distintas ocasións. Grazas a aquela iniciativa que Celestino Brianes compartira con Adolfo Pedrido, Carlos Comendador e Mario Barreiro, hoxe miles de persoas practican deporte na cidade e as instalacións de multiplicaron.

Precisamente unha desas instalacións, a piscina, está en proceso de ampliación, en grande parte grazas á iniciativa e o empuxe de Celestino Brianes, que sempre defendeu a tradición desta disciplina deportiva en Vilagarcía. Moito antes de crear o club de natación xa Brianes Lojo participaba na organización das travesías a nado do porto. Tamén foi delegado zonal da Federación de Baloncesto durante máis de 20 anos, precisamente na época que este deporte sentou as bases

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...