Información
Pontevedra

A Covacha engrosa a lista das cinco praias de Vilagarcía con augas de calidade "excelente"

Información
20 Noviembre 2018 314 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O informe anual remitido pola Xunta baséase nas analíticas realizadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública ao longo de todo o ano 2018 e é o que estará vixente de cara a tempada de baño de 2019. Segundo estes datos, a evolución rexistrada pola calidade das augas das zonas de baño do municipio foi positiva. En 2016 son eran 3 os areais cuxas augas acadaban a excelencia (Preguntoiro, Campanario e Compostela). No 2017 sumouse a este grupo o areal de Canelas (Sobradelo) e agora, en 2018, tamén A Covacha pasa a formar parte da elite de areais municipais.

O obxectivo pois, de cara ao próximo ano será manter o máximo de excelencia nestes cinco areais e tratar de mellorar o da Concha.

O control sanitario levouse a cabo mediante a mostraxe periódica da auga das zonas de baño, realizada polo corpo de farmacéuticos inspectores da Saúde Pública de cada xefatura territorial de Sanidade segundo o calendario preestablecido. A clasificación sanitaria calcúlase seguindo o procedemento e parámetros da Unión Europea.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...