parque barro

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Deputado de Cooperación municipal, David Regades, comezou esta mañá unha serie de visitas por distintas obras que a institución provincial puxo en marcha ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2016". A primeira parada foi en Barro, vila na que se están a desenvolver os traballos para a mellora e reparación de catro parques entre os que se atopa o de Agudelo (cuxas obras xa están rematadas) ou o de Cangrallo, e que recibiron un investimento do "Plan Concellos 2016" situado en 21.085,98 €. Durante a visita tamén estivo presente o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes.

Persoas desempregadas de menos de 30 anos, persoas sen emprego con discapacidade e mulleres vítimas de violencia de xénero son as receptoras desta iniciativa

Ao longo desta semana vanse desenvolver as sesións informativas do programa Depoemprega 2016 para as 60 persoas participantes dos concellos de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cangas e Poio. Trátase de persoas desempregadas menores de 30 anos, persoas sen emprego cunha discapacidade e mulleres desempregadas vítimas de violencia machista.

Unha liña de axudas que o organismo provincial convocou, a través do departamento de Cultura e Lingua, por primeira vez neste exercicio. Segundo explicou o deputado responsable desta área, Xosé Leal, "o que pretendemos con estas axudas é que sirvan de berce para iniciativas novas e que ao mesmo tempo reforcen proxectos de longo percorrido".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo unha xuntanza de traballo coa presidenta da Casa de Galicia e vicepresidenta da española en Touluse (Francia), María López Muradás, na que mostrou a súa intención de iniciar un proceso de colaboración con esta entidade.

Así Carmen Silva provoca discriminación y malestar general en las entidades gallegas repartidas por todo el Mundo y se pregunta que capricho personal puede afectar a la Presidenta de la Diputación para regalr en exlusiva dinero público a la entidad de Touluse

Silva mostrou a súa disposición a establecer unha relación habitual con esta organización  "ante o abandono que sofren os nosos emigrantes por parte da Xunta de Galicia".

Rolda de prensa

A Presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer esta mañá os datos de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra durante o pasado mes de xullo. Os resultados, tal e como subliñou Silva, "son os mellores da última década" xa que a ocupación media na provincia foi do 82%, superior ás propias estimacións da institución provincial que prevían unha media do 72%. Carmela Silva adiantou ademais que "a falta de reservas de última hora, as que se fagan a través de Internet, estimamos que no mes de agosto a ocupación será de case o 84% nas Rías Baixas".

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do contrato para levar a cabo a xestión integral, durante dous anos, do centro Castrodeza (Gastrodeza): Lendas, castros e gastronomía. Ó concurso público presentáronse catro empresas sendo Espiral Xestión Cultural S.L., que ofertou para dous anos un prezo de 104.097,51 €, a que obtivo a máxima puntuación e se encargará da xestión do centro para convertelo nun espazo de dinamización turístico-cultural no que a cultura castrexa será a protagonista.

A nova Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, que reúne á Deputación de Pontevedra e aos 16 concellos do Baixo Miño e Condado-Paradanta xunto coa CIM Alto Minho e dez câmaras do Norte de Portugal, estará plenamente operativa a principios de 2017. Este novo organismo servirá de ferramenta para a cohesión económica, social e territorial do contorno do Río Miño e, de xeito particular, para solicitar fondos europeos para proxectos conxuntos.

O deputado Uxío Benítez, impulsor da iniciativa da nova asociación, mantivo hoxe un encontro co presidente da CIM Alto Minho e presidente da câmara de Viana do Castelo, José María Costa, no que se chegou a acordo sobre os estatutos.  

Información
Pontevedra

PONTEVEDRA · LA VERDE MAR

Información
13 Julio 2016 3752 Votos

Verán, no parece posible referirse a Pontevedra ignorando su gran simbolismo basado en los puentes. Se diría que Pontevedra transpira puente y de todas las capitales gallegas es la que, por su denominación, concita mayor consenso entre los especialistas: “Su topónimo significa “puente viejo” que derivaría del latín pontem veterem, y que alude al primer puente que se construyó en la época de los romanos sobre la ría de Pontevedra.”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, e o arqueólogo, Diego Piay, visitaron esta mañá a escavación que a institución está a piques de rematar en Alobre e na que se atoparon máis de 20.000 pezas, 240 de bronce.  Carmela Silva puxo en valor a importancia deste xacemento que, a través dos restos que están saíndo á luz, está permitindo descubrir cal era o modelo de asentamento que existía nesta zona das Rías Baixas e demostrando que se trataban de poboados moi desenvolvidos.  

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi