Información
Portada

Pecha o ano en Galicia co mayor fracaso da loita contra os lumes en Galicia pola desfragmentación, falta de previsión e ineficacia por parte dos responsables do PPdeG na Xunta

Información
09 Diciembre 2017 1467 Votos

Os responsables do Sector de Autonómica da Federación galega de empregados e empregadas dos Servizos Públicos (FeSP-UGT) e o responsable de Bombeiros Forestais denuncian desfragmentación, falta de previsión e ineficacia por parte daqueles que están ao fronte do deseño do operativo da loita contra os lumes en Galicia nesta última vaga que está a asolagar esta Comunidade.

 

Neste contexto, desde UGT, o primeiro que se quere resaltar é o esforzo persoal dos traballadores que forman o dispositivo do SPDCIF en Galicia (técnicos, axentes e bombeiros forestais), que estes días renuncian a días libres, vacacións e realizaron xornadas de 12 horas de traballo para poder atallar a virulencia dos lumes que levan unha semana asolando o noso país e con maior incidencia este fin de semana.

Tamén se agradece o apoio solidario de toda a cidadanía que axudou e está a participar na extinción, tanto para protexer os seus bens como para colaborar co dispositivo.

Ademais, é o momento de denunciar a alta actividade incendiaria, á espera da investigación das causas que motivan os incendios, e solicitar calquera colaboración cidadá que poida dar algunha información sobre os responsables destes lumes.

DESMANTELAMENTO NEGLIXENTE DO DISPOSITIVO DE REFORZO DE VERÁN CUNHAS CONDICIÓNS CLIMÁTICAS DE RISCO EXTREMO

Á vista de como sucederon os feitos, UGT denuncia a falta de previsión, ineficacia e inoperancia dos responsables do deseño do operativo contra incendios da Xunta de Galicia ao desmantelar de xeito neglixente o dispositivo de reforzo de verán cunhas condicións climáticas de risco extremo de incendios forestais en gran parte do territorio.

Sumado a isto, a Consellería négase á cobertura de moitas vacantes, baixas e vacacións do persoal que forma o dispositivo permanente do SPDCIF, que fai que as brigadas de bombeiros forestais estean incompletas, casetas pechadas e motobombas paradas, cando non existe restrición orzamentaria para a provisión destes postos.

Por isto, UGT esixe responsabilidades á Consellería do Medio Rural ante quen tomou a decisión de cesar ao reforzo do período de alto risco coas condicións climáticas que se estaban a dar xa naqueles intres e cunha seca de máis de 6 meses en toda Galicia.

A realidade é que foron cesados na súa actividade o día 30 de setembro 436 traballadores do SPDCIF e reactivados o día 10 de outubro. A maiores outros 500 traballadores son cesados o día 12 de outubro, que forman 125 brigadas da E.P. SEAGA e reactivados para o día 16 de outubro, pese a advertencia e solicitude por parte desta Organización Sindical da necesidade da súa continuidade.

UGT leva anos reivindicando o deseño dun operativo único, público, permanente e profesional pero a Consellería négase reiteradamente ao diálogo. Hai que asumir que as características dos lumes en Galicia cambiaron e polo tanto o modelo de deseño do operativo está obsoleto e debe revisarse.

A desfragmentación do dispositivo actual xera unhas eivas de operatividade que teñen que ser corrixidas. Así, o dispositivo actual está fragmentado entre a esfera pública, diversificado entre a Xunta de Galicia, entidades públicas (SEAGA e TRAGSA) e a Administración local, con diferentes marcos de relacións laborais e condenando a preto de 3000 traballadores á precariedade laboral sen expectativa de mellora. Estes traballadores son as brigadas de concellos, SEAGA e o reforzo do SPDCIF de alto risco de incendios. Sumado a isto a participación da esfera privada mediante a contratación de helicópteros, palas e bulldocers.

Ademais de todo isto, son causa dos incendios forestais a ausencia dunha política forestal que debería basearse na prevención e na ordenación do monte, así como, a falta de medidas contundentes por parte da Consellería do Medio Rural na investigación das causas dos incendios forestais con medios propios, xa que existen BIIFs da Xunta de Galicia (brigadas de investigación de incendios forestais).

 

Xornal Galicia - Compañeiros/as e familiares dos brigadistas falecidos ...

xornalgalicia.com › Galicia Traducir esta página
13 jul. 2017 - Diante disto, reclamou un cambio nos protocolos, unha maior coordinación entre os efectivos que combaten os lumes e que o persoal de Seaga ... 2016 -@XulioFerreiro orquesta unatramacon Rosa Gallego Portavoz del PP ... en su totalidad por altos cargos del PPdeG, PresidentaRosa Quintana, .

Xornal Galicia - Denuncian a irresponsábel política forestal e de ...

xornalgalicia.com/4628-denuncian-a-irresponsabel-politica-forest... Traducir esta página
14 oct. 2017 - Traballadores/as de Seaga concentráronse esta mañá diante da Dirección Xeral de Montes para reclamar unha política forestal e de extinción de incendios “responsábel” e planificada que atenda ás necesidades reais que hai para enfrontar os lumes que se están producindo nos montes galegos e a súa ...

Xornal Galicia - Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra ...

xornalgalicia.com/
Pladesemapesga traslada a la Fiscalía Europea a modo de denuncia la "trama" con los fondos europeos del GALP3 o GAC3 que gestiona ilegalmente el jubilado de Caión Evaristo lareo Viñas bajo impunidad otorgada pro Rosa Quintana (PPdeG). Pladesemapesga traslada a la Fiscalía Europea a modo de denuncia la ...
Falta: seaga

Incendios - Praza Pública

praza.gal/tema-timeline/70/incendios/ Traducir esta página
Miguel M., o único dos detidos trala vaga de lumes que permaneceu en prisión, sairá este martes de Pereiro de Aguiar tras aceptar a Audiencia Provincial de Ourense o pagamento dunha fianza. A súa familia e amigos denuncian que a súa reclusión nas últimas cinco semanas respondeu ao obxectivo de ocultar as ...

La Xunta asegura que todos los fuegos fueron intencionados y que ...

www.laopinioncoruna.es/galicia/2017/10/17/conselleira-medio.../1226876.html
17 oct. 2017 - La conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, ha asegurado que "el 100% de los incendios" forestales registrados durante el pasado fin de semana (del viernes 13 al lunes 16) fueron "intencionados" y también ha afirmado que la superficie quemada por los 273 fuegos de esta oleada "va a ser ...
Falta: xornal

A Xunta asegura que todos os lumes foron intencionados e que ...

galego.laopinioncoruna.es › Galicia Traducir esta página
A Xunta asegura que todos os lumes foron intencionados e que ardeu máis superficie que todo o ano ... 5.600 efectivos, tras a reincorporación primeiro do persoal fixo descontinuo da Xunta (436 profesionais) e despois das 125 brigadas de Seaga, que, segundo subliñou en varias ocasións, supoñen o 8% do operativo.

Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es/
El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir ...
Falta: tramaseaga

A política da Xunta de Galiza ea Xestiónd e Rosa ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es › Especiales + › Medio Rural - Traducir esta página
21 jul. 2015 - As brigadas dos concellos que constan no Pladiga aínda non están operativas, retrasouse o inicio das brigadas de Seaga ata o 16 de xullo e continúan sen cubrir as baixas, xubilacións e postos vacantes do dispositivo propio da Xunta. As consecuencias de todo isto son que os lumes se apagan con ...

Que fan os militares da UME? “Non serven para nada. Só veñen para ...

www.galiciaconfidencial.com/.../65645-fan-militares-ume-serven... Traducir esta página
21 oct. 2017 - foi a pregunta que se lle fixo aos distintos membros de emerxencias que este venres se xuntaron en Galicia para denunciar a descoordinación na vaga de lumes que afecta a Galicia. “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, espetaba Josefat Puente, un bombeiro forestal contratado por Seaga.
 

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi