Información
Portada

78 empresas optan ao II Premio provincial á mellor iniciativa empresarial da Deputación

Información
07 Febrero 2018 1641 votos

Un total de 78 empresas presentaron as súas candidaturas ao II Premio provincial á mellor iniciativa empresarial, que convoca a Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Emprego Local (PEL).

A segunda edición do premio conta con tres categorías, dotadas con 25.000 euros cada unha. O galardón para a Mellor Iniciativa Empresarial Nova está dirixida a proxectos emprendedores con menos de 12 meses de antigüidade, mentres que Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada destínase a aquelas empresas que conten con máis de cinco anos de actividade.

Como novidade principal nesta edición, convocouse unha terceira categoría que premiará ás iniciativas empresariais socialmente responsables que contribúan ao crecemento sostible da provincia nos ámbitos económico, medioambiental e social.

En total, a Deputación repartirá 75.000 euros en premios, co obxectivo de recoñecer o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores comprometidos co desenvolvemento económico da provincia.

A participación no certame supera á do ano pasado, cando se presentaron 70 candidaturas, entre as que resultaron gañadoras a pontesa EVASA e a start-up compostelá E-monte.

A Coruña, Santiago, Ferrol, Ames e Bergondo concentran a maioría das candidaturas

A maioría das empresas que aspiran ao II Premio PEL teñen o seu domicilio no concello da Coruña (28), seguido por Santiago de Compostela (12), Ferrol (6), Ames (5), Bergondo (5), As Pontes (3), Oleiros (2), Culleredo (2), Noia (2), Ordes (2), Sada (1), Narón (1), San Sadurniño (1), Cambre (1), Paderne (1), Cerceda (1), Cedeira (1), A Pobra do Caramiñal (1), Miño (1), Valdoviño (1) e Cee (1).

Os ámbitos de actividade das empresas son moi variados, destacando ás dedicadas ás novas tecnoloxías da información e a programación informático, así como as empresas de servizos de enxeñaría e consultoría, comercio en liña e desenvolvemento de aplicacións. Tamén concorren a este segundo premio empresas dos sectores da alimentación, hostalería, cosmética e estética, educación, turismo e actividades de servizos sociais.

As empresas gañadoras daranse a coñecer o vindeiro mes de marzo

Os gañadores do II Premio daranse a coñecer no mes de marzo, nun acto que presentará como novidade a habilitación dun espazo de networking, no que todas as empresas candidatas poderán dar a coñecer os seus produtos e servizos, e aquelas que así o desexen disporán do seu propio posto informativo.

A elección dos gañadores dependerá dun xurado formado por especialistas de diferentes ámbitos relacionados co mundo da empresa, como representantes das Cámaras de Comercio e das Universidades da provincia, personalidades con dilata experiencia empresarial e representantes de asociacións e outras organizacións de empresarios con presenza nos concellos coruñeses.

Entre os criterios que se terán en conta para a concesión dos galardóns están a orixinalidade do negocio, a formación do seu promotor, o seu grao de innovación, a participación en redes de networking ou a implantación de medidas de RSC, entre outros.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....