Información
Portada

Os alcaldes de Nigrán, Carballeda de Avia e Cervantes denuncian falta de medios e de persoal, así como as dificultades para acceder ás axudas da Xunta gobernada por Feijóo

Información
26 Marzo 2018 908 votos

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o socialista Alfredo García, compareceu esta tarde na comisión parlamentaria que analiza a vaga de incendios que asolou Galicia no mes de outubro e, neste foro, lamentou “a falta de coordinación” entre administracións no relativo á prevención e loita contra os lumes forestais.

 

Centrou o seu discurso na imposibilidade de manter limpas as franxas de protección pola incapacidade económica e técnica que teñen os concellos. “A problemática tamén está no ámbito xurídico, xa que a grande cantidade de denuncias e de expedientes e a súa xestión administrativa é unha realidade que os alcaldes e alcaldesas non poden solucionar, xa que no caso de poñer en marcha todos eses expedientes deixaría aos concellos paralizados administrativamente”, advertiu.

Se ben deixou claro que el non ten a “solución definitiva” e que non cre que haxa ningunha “a curto prazo”, si subliñou que o camiño a percorrer pasa “pola ordenación do territorio a través dun Pacto de Estado no que sentarnos e chegar a acordos duradeiros e consensuados”. Así, propuxo a metodoloxía de ensaio-erro para ir testeando e descartando as medidas postas en marcha para mellorar.

Ademais, o tamén alcalde do Barco de Valdeorras puxo de manifesto o sentir dos alcaldes e alcaldesas galegas de que o problema non é a extinción, senón a prevención: “e non falamos da roza dos montes, senón de grandes obxectivos en materia de prevención de incendios como son o de poñer en valor o monte en Galicia”. “Para nós, monte que produce non se queima”, concluíu Alfredo García.

SEN AXUDA “EXTERIOR”

Pola súa banda, o alcalde de Nigrán, o socialista Juan González, relatou a falta de axuda “exterior” coa que contou durante todo o tempo que duraron os lumes no seu municipio, no que faleceron dúas persoas.

Tamén desa “soidade” falou o rexedor de Carballeda de Avia, Luís Milia, quen considerou “inconcebible” que os concellos teñan que seguir os mesmos cauces que os cidadáns para comunicar incidencias.

RETRASOS NOS PAGOS

A continuación, agradeceu a “solidariedade” de empresas, particulares e outros concellos -dado que os incendios deixaron oito pobos sen servizos básicos (auga, luz, teléfono…) e ata houbo que realoxar a 14 veciños-, fronte á falta de implicación do Ministerio de Agricultura, a Xunta e a Deputación de Ourense.

E é que, como dixo, dos 750.000 euros que afrontou o concello polos danos, aínda “non recibiu nin un euro” nin do goberno galego nin do provincial e as axudas para a forraxe do gando tamén sufriron unha importante “tardanza”.

Pensando nas axudas da Xunta para os veciños, o alcalde de Carballeda lamentou a “complexidade” da súa tramitación e sinalou que foi persoal do concello o que cubriu a práctica totalidade das solicitudes. Neste punto, cuestionou tamén que non se inclúan, por exemplo, os hórreos que arderon e non estaban pegados ás vivendas.

Ao fío diso, o alcalde de Cervantes, o socialista Benigno Gómez Tadín, criticou as partidas “insuficientes e ridículas” que destina á Xunta aos afectados polos lumes e que, ademais, “ignoran os problemas do rural galego”.

 

"MIENTEN" sobre el incendio de Fandicosta, utilizaron ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com/.../619-feijoo-y-rueda-mienten-sobre-el-incendio-de-fandicosta-utiliza...
24 oct. 2017 - Feijóo y Rueda "MIENTEN" sobre el incendio de Fandicosta, utilizaron Protocolos del Sistema Nacional de Respuesta, Plan Estatal de Protección de la Ribera del Mar, Camgal y Platerga de Protección Civil sin haber sido "activados" ni tan siquiera "coordinad ...

Xornal Galicia - Aniversario incendio Fandicosta.... ¡¡¡ Un destrago de ...

xornalgalicia.com › Galicia Traducir esta página
Aniversario incendio Fandicosta.... ¡¡¡ Un destrago de fondos públicos...!!!..Feijóo e o PPdeG seguen no abandono das emerxencias que se atopan a merced dos acontecementos. Detalles: Escrito por XornalGalicia: Categoría: Galicia: Publicado: 08 Agosto 2017: Creado: 08 Agosto 2017: Última actualización: 08 Agosto ...

Xornal Galicia - Feijóo y Rueda "MIENTEN" sobre el incendio de ...

xornalgalicia.com/.../619-feijoo-y-rueda-mienten-sobre-el-incendio-de-fandicosta-util...
13 may. 2016 - Feijóo y Rueda "MIENTEN" sobre el incendio de Fandicosta, utilizaron Protocolos del Sistema Nacional de Respuesta, Plan Estatal de Protección de la Ribera del Mar, Camgal y Platerga de Protección Civil sin haber sido "activados" ni tan siquiera "coordinad. Información ...

Xornal Galicia - La PBPG en el Parque de Pontevedra acusa a ...

xornalgalicia.com/.../898-la-pbpg-en-el-parque-de-pontevedra-acusa-a-alfonso-rueda-...
PLADESEMAPESGA desmonta la GRAN MENTIRA de FEIJÖO en el ... pladesemapesga.com › Comunicados. En caché. 12 may. 2016 - El incendio de la factoría Fandicosta en Moaña demuestra el ... Pladesemapesga - identificó y denunció - en aquellos momentos estas .

Aniversario incendio Fandicosta.... ¡¡¡ La vida sigue igual...!!!..Feijóo ...

diariomaritimo.com/6062-aniversario-incendio-fandicosta-la-vida-sigue-igual-feijoo-e...
8 ago. 2017 - BOMBEIROS COMARCAIS DE PONTEVEDRA EN FOLGA. Os bombeiros do consorcio provincial contra incendios e salvamento de Pontevedra, integrado polos parques de Vilagarcía, Ribadumia, Morrazo e Baixo Miño, xestionados pola empresa mantemento de infraestruturas s.a ( MATINSA ), a partir ...

La Xunta adelantará la financiación a Fandicosta para reanudar su ...

www.atlantico.net/articulo/vigo/xunta...fandicosta.../20160511164320530490.html
11 may. 2016 - Así lo ha avanzado el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, quien este miércoles ha visitado las instalaciones siniestradas, acompañado por el presidente de Fandicosta, Ángel Martínez; los conselleiros de Mar y de Economía, Emprego e Industria; y el delegado de la Xunta en el área de Vigo.

Sr Feijóo "por la boca se le muere el pez" cambie de carnada y de ...

pladesemapesga.com/.../119-sr-feijoo-por-la-boca-se-le-muere-el-pez-cambie-de-carn...
En febrero de 2011, el buque arrastrero " Pesca Berbés Dos " sufrió un incendio en la terminal de atraque de Fandicosta, activando el 112 a dos autobombas de los bomberos O Morrazo y otras dos de Vigo. 2011 02 18 IMG 2011 02 18 01 34 14 mor2bomberos. La intervención de un remolcador de Salvamento Marítimo ...

PLADESEMAPESGA desmonta la GRAN MENTIRA de FEIJÖO en ...

www.pladesemapesga.com › Comunicados
El incendio de la factoría Fandicosta en Moaña demuestra el desconocimiento del Presidente de la Xunta de/sobre sus propios Protocolos. La activación del Plan Territorial Platerga, la mejor prueba de la des-coordinación entre Consellerías de la Xunta. El señor Núñez Feijóo, debería mirarse su propio ombligo y dejar de ...

Denuncian que as autoridades galegas (PPdeG ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es/7635-denuncian-que-as-autoridades-galegas-ppdeg-tenen-unha-visio...
12 may. 2016 - A Mesa Intersindical De Galicia ve nos problemas de atención do sinistro de Fandicosta un exemplo da «irresponsabilidade» das administracións .... 2017 - Piden investigar vínculos del PP con el narcotráfico ... su homólogo en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, y los narcotraficantes Laureano Oubiña y .

 

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....