Información
Portada

O BNG "sácalle os colores a Feijóo diante da subida persoal do 7%" ante as pensións non contributivas para 40.000 galeg@s que non superan os 360 euros ao mes, obligados as portas de cáritas, Cruz Vermella e mendigar na rúa.

Información
27 Marzo 2018 1139 votos

Ana Pontón: “Non imos permitir que Feixóo se agoche tras cortinas de fume para evitar falar dos problemas dun Galiza á cola en materia de pensións"... A verdadeira fazaina de Feijóo e seu peto persoal as costas dos galegos mais pobres...

Insta a mobilizarse contra a involución democrática do Estado español: “A mensaxe é que toda persoa que cuestione o status quo será perseguida”

A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG vai volver levar ao Parlamento a proposta para subir as pensións non contributivas en cen euros mensuais, o que suporía un pequeno respiro para 40.000 galegos e galegas que hoxe están por debaixo do umbral da pobreza cunha prestación de 377€ mes. Para esta subida, a Xunta só precisaría investir 40M€.

“Non imos permitir que con cortinas de fume Feixóo evite falar dos problemas reais que preocupan á cidadanía galega como é a perda de poder adquisitivo das pensións, que no caso de Galiza son as segunda máis baixas do Estado, ou sobre o roubo continuado de dereitos que vivimos ao longo destes anos. É moi grave que no pasado pleno o presidente da Xunta non tivese unha palabra para explicar porque non é capaz de destinar 40 M€ dun orzamento de 9.000 para mellorar as pensións mínimas”, salientou a dirixente do Bloque.

Pontón considera que o veto a esta proposta “demostra unha vez máis que Feixóo prefire defender os intereses do PP antes que aos galegos e as galegas, converténdose en cómplice da situación das persoas pensionistas deste país que soportaron unha perda de poder adquisitivo do 10% e cun diferencial coa media do Estado que non deixou de aumentar desde 2009”.

“Desde o BNG non imos quedar de brazos cruzados e volvemos levar o debate das pensións ao Parlamento para poder avanzar na subida das pensións, porque é unha proposta sensata, posible e responde ao que están reclamando na rúa as persoas xubiladas. Non é a solución definitiva pero vai na boa dirección e manda unha mensaxe política clara desde Galiza en defensa do sistema público de pensións, unha conquista dos e das traballadoras que non se pode cuestionar”, argumentou.

Solidariedade e fraternidade

Pontón arrancou a rolda de prensa facendo unha valoración en relación á situación política do Estado que o BNG considera “unha involución democrática sen precedentes”. Neste sentido, a formación nacionalista traslada a súa “solidariedade e fraternidade” coas persoas que están “inxustamente encarceradas ou exiliadas” pasando por unha situación persoal e familiar moi difícil, e insta a que, dunha vez, “actúe a política e deixe de agocharse en decisións xudiciais inxustificables”.

O Bloque considera que o pasado venres co encarceramento de diferentes responsables políticos de Catalunya “consumouse un ataque sen precedentes á liberdade e a democracia desde un réxime do 78 que está mutando a unha deriva autoritaria que nos recorda aos tempos da longa noite de pedra, cun poder xudicial que actúa ás ordes do poder político rachando coa división de poderes”, denunciou.

Neste sentido, Pontón considera que a reacción do Estado “é un aviso para navegantes lanzando a mensaxe de que toda persoa que cuestione o status quo vai ser perseguida, e se quere evitar que se cuestione, por vías democráticas, o actual marco político. É unha mala noticia para calquera demócrata, e esa mutación autoritaria do réxime do 78 tradúcese na persecución de todo aquel que pense diferente, sexa nun chío, sexa plasmando nun libro os vínculos do PP co narcotráfico”, alertou.

Por iso, o BNG fai un chamamento á sociedade galega para que esta tarde participe de xeito masivo nas concentracións convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya ante un ataque á democracia e á liberdade “fronte ao que non vale nin a equidistancia, nin a indiferenza”, salientou.

Dobre vara de medir do PP

A preguntas dos medios, Pontón considera que o incidente que implica a unha deputada de En Marea “é unha cuestión interna que espero saiban dilucidar da mellor maneira posible”, ao tempo que facía fincapé na dobre vara de medir do PP.

“O que prexudica á política son os continuos casos de corrupción do PP, o último unha presidenta da Comunidade de Madrid incapaz de xustificar o seu título de master, e se é capaz de falsificar as súas notas da medo pensar como xestiona os recursos públicos. No BNG entendemos a política como servizo público e cando se dan casos como este o que vemos é unha resposta moi tímida por parte do PP, que sempre ampara aos seus pero pon o listón altísimo cando se trata de circunstancias que afectan aos demais. Penso que estaría ben que empezasen por limpar a súa propia casa”, concluíu.

Xornal Galicia - A Xunta endurece a RISGA a base de instrucións ...

xornalgalicia.com/3549-a-xunta-endurece-a-risga-a-base-de-instr... Traducir esta página
27 mar. 2017 - A Xunta endurece a RISGA a base de instrucións opacas mentres Feijóo se sube o soldo mais de un 7% que podría sair destas instruccións contra os desfavorecidos. Información ...
Falta: subese

Xornal Galicia - Votantes do PPdeG recordade que AS RETICENCIAS ...

xornalgalicia.com › Galicia Traducir esta página
19 mar. 2018 - hace 6 días - Feijóo e seu goberno na Xunta subense o soldo mais de un 7% mentres os Axentes forestais que participaron na última vaga de lumes ... DE FEIJÓO PARA SUBIRLLES O IPC AOS PENSIONISTASTROPEZAN CO AUMENTO DE SUELDO DO SEU GOBERNO MAIS DE UN 7 POR CENTO ...
Falta: subese

Xornal Galicia - Denuncian neste comezo de 2018 o mantemento da ...

xornalgalicia.com › Galicia Traducir esta página
4 ene. 2018 - Mobilizacións este mércores día 5 en Vigo, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Lugo por pensións dignas, mentres Feijóo se sube o soldo mais de un 7% ... Se o obxectivo é reducir a temporalidade na Administración ata o 8%, a Administración galega segundo o texto e as táboas do acordo non tería nada que ...

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....