Información
Portada

Feijóo colocou a xuventude galega en cotas escandalosas, o 42,9% do salario medio en Galicia, é dicir, ao redor dos 600 euros

Información
20 Agosto 2018 1818 Votos

20160105 servizo emprego GZ grandeFeijóo colocou a xuventude galega en cotas escandalosas, en torno ao 52%, e o salario medio anual das menores de 25 anos non supera —segundo a Axencia Tributaria— o 42,9% do salario medio en Galicia, é dicir, ao redor dos 600 euros

No noso país, segundo o Instituto Galego de Estatística, traballan 236.300 mozos e mozas de entre 16 e 34 anos, cando en 2016 o facían 240.300. Isto representa que actualmente a taxa de paro nesta franxa de idade se sitúe no 21,6%; un dato que, supón unha caída de 17.300 persoas en termos de poboación activa fronte ao ano 2016. Nesa mesma franxa de idade, o 20,5% das persoas que traballan fano a tempo parcial. A temporalidade xuvenil segue en cotas escandalosas, en torno ao 52%, e o salario medio anual das menores de 25 anos non supera —segundo a Axencia Tributaria— o 42,9% do salario medio en Galicia, é dicir, ao redor dos 600 euros.


 
PLATAFORMAS DIXITAIS E EMPREGO LIXO

A esta realidade súmanse nos últimos tempos a multiplicación de empregos lixo que lle negan a condición de asalariados e os dereitos laborais asociados aos traballadores e traballadoras. Aínda que o fenómeno non é novo, increméntase actualmente a través de plataformas dixitais como Deliveroo, Glovo ou Uber Eats, sobre todo entre as persoas mozas como vítimas recorrentes e obrigan a quen dependen delas a actuar como falsos autónomos nunhas condicións de absoluta explotación. O mesmo sucede nalgúns sectores e empresas (que utilizan esta figura para explotar á mocidade (por exemplo o sucedido con SERVICARNE, falsa cooperativa de autónomos). Outra vía clara de explotación e de falta de estabilidade no emprego é o papel das ETT, que realizan contratos con unha hora de antelación ao inicio de actividade; por horas, sen saber se volveras traballar ao día seguinte e sen respectar o convenio colectivo da empresa ou sector do que se trate. Ou tamén, as cláusulas abusivas que aplican algunhas empresas vinculadas ao cumprimento duns obxectivos de produtividade irreais e que de non acadalos supoñen o despedimento sen ningunha indemnización (En «MÉDICOS SEN FRONTEIRAS», o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditamina esta cláusula como nula por abusiva)

Por isto, XUVENTUDE CCOO chama a toda a mocidade a organizarse sindicalmente para defender de forma colectiva os seus intereses.
 
Dende XUVENTUDE CCOO a través da presenza sindical, organizando os traballadores e traballadoras nos centros de traballo continuamos a perseguir a temporalidade inxustificada e a fraude no tempo parcial e no traballo autónomo, e instamos ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a que doten de recursos suficientes ás Inspeccións de Traballo, e —xunto cos axentes sociais—- se avalíe e reformule dun modo integral o Plan de Garantía Xuvenil, unha iniciativa ata agora fracasada; tamén a incrementar a oferta de prazas de Formación Profesional e revisar o modelo de FP Dual, ademais de garantir o acceso ao ensino universitario coa redución de taxas e a articulación dun sistema de bolsas que garanta o acceso universal ás aulas e á formación, tendo en conta ademais a forte dispersión xeográfica de Galicia.
 
XUVENTUDE CCOO demanda a conversión en contratos de traballo das prácticas non laborais extracurriculares, xunto coa elaboración dun marco de calidade que asegure, entre outros elementos, unha contraprestación económica suficiente ás prácticas non laborais curriculares. É outra reivindicación que non pode permanecer por máis tempo no caixón.
 
XUVENTUDE CCOO demanda axudas á emancipación e o desenvolvemento de parques públicos de vivenda en aluguer, medidas que, sumadas ás anteriores, facilitarían que os mozos e mozas puidesen planificar os seus propios proxectos de vida nunhas condicións dignas e adecuadas.
 
Por último, XUVENTUDE CCOO demanda investimento público no rural (servizos básico: transporte, saúde, ensino...) e apostar por unha industria eficiente e medioambientalmente sostible que axude a que a xente moza desenvolva alí o seu proxecto de vida e evite tamén o despoboamento do rural galego, creando emprego digno e con dereitos.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi