Información
Portada

O VERÁN DO DESASTRE NA ATENCIÓN PRIMARIA GALEGA E A REBELION DA POBLACION ANTE UN FEIJOO QUE SE VAI DE VACACIÓNS DANDO AS COSTAS A GALICIA

Información
31 Agosto 2018 1464 Votos

Ao longo do verán evidenciouse a falta de recursos da Atención Primaria Galega, consecuencia das políticas de recortes levados a cabo pola Xunta de Núñez Feijoo dende o 2019. A falta de persoal, impide substituír ao que se vai de vacacións, cubrir todalas prazas de pediatría ou garantir a atención ás urxencias médicas polos Puntos de Atención Continuada.

Como consecuencia, os pacientes deben esperar por encima da semana para ser atendidos nos seus Centros de Saúde (representa unha importante barreira no acceso á asistencia no nivel primario), as consultas están masificadas con máis día 50 pacientes por día (incompatible coa calidade asistencial), ou os servizos de urxencias están cubertos por un só equipo que debe atendelas dentro e fóra dos centros, poñendo en risco a saúde dos pacientes como se demostrou recentemente no PAC da Estrada.

Recortes da Xunta e resposta social e profesional:

  • ·        Os recortes supuxeron a redución do 21,4% no gasto sanitario (o máis alto do Estado) que alcanzou o 22,3% fronte a unha mínima subida do 0,2% en hospitais; a supresión de 513 prazas de medicina familiar (392 en primaria e 121 en hospitais); ou o desmantelamento de centros e servizos (como nos Hospitais Comarcais trala reforma da Lei Galega de Saude), que dificultan o acceso dos enfermos á asistencia e están deteriorando de xeito importante a calidade da mesma.
  • ·        A resposta a estes recortes foi liderada en gran medida polas Plataformas SOS Sanidade Pública, que demostrou unha gran capacidade para analizar a situación, elaborar propostas, informar e mobilizar á poboación. O 40% das manifestacións sanitarias de todo o Estado no 2017, concéntranse en Galicia (271 dun total de 695), cifra que probablemente quede amplamente superada logo deste verán.

A Atención Primaria en Galicia en risco de deterioro real:

Dende diferentes organizacións, nada sospeitosas de manter posicións partidistas ou radicais, vense denunciado o deterioro da AP Galega. O Consello de Colexios de Médicos de Galicia alertou  ao comezo do verán de graves problemas asistenciais por falta de substitutos e de pediatras, como uns dos principais problemas do sistema e sobre o risco de deterioro de todala Atención Primaria si non se reintegran os recursos recortados nestes anos.

 

Si non se aplican medidas, é previsible unha debacle asistencial nos próximos cinco anos, dado que hai 2.350 médicos/as de familia e 80 pediatras entre os 60 e 65 anos (traer persoal de fora do Estado non parece a mellor opción, si non se garante que teñan unha formación especializada acreditada como o MIR).

A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria estima en 40 o déficit de pediatras; mentres que ás denuncias dos sindicatos de clase CIG, CCOO, UGT sumáronse os chamados corporativos como CESM e OMEGA, e os colectivos de traballadores dos Servizos de urxencias extrahospitalarios (PAC en pé de Guerra que denuncian as carencias e riscos asociados a non contar con dispositivos de reforzo que eviten problemas como o falecemento dun paciente por estar fora do centro o equipo básico atendendo outra urxencia).

Esta dramática situación conduciu a un verán de mobilizacións xeneralizadas por toda a Atención Primaria:

En cidades como Vigo realizáronse as manifestación pola pechadura dos servizos de pediatría nas parroquias de Saians, Coruño, Oia e Comesaña ; na Coruña os Centros de Saúde de Labañou, Novo Meixoeiro, Os Rosaleso, Os Maios, quedaron tamén sen pediatras; en Ourense as familias deben de realizar grandes desprazamentos pola política de reagrupar pediatras en determinados centros de saúde. Estas mobilizacións tamén se extenderon polo medio rural en localidades como Coristanco, Malpica, Moaña, Cambados, Arcade, Pobra de Trives, etc.

O SERGAS xustifica esta situación co argumento falaz de "falta de substitutos":

A falta de persoal é a consecuencia dos recortes, a ausencia de planificación e o deterioro das condicións laborais, que obrigaron a emigrar aos novos profesionais. Entre estas medidas, cabría destacar as xubilacións forzosas aos 65 anos, o desinterese ou incapacidade para planificar as necesidades de novos profesionais nas convocatorias MIR, ou por unha política de persoal baseada na provisionalidade, a precariedade, e a sobrecarga laboral (máis de 50 pacientes ao día). O 50% dos/as pediatras e boa parte do colectivo de Medicina Familiar, sofre a "síndrome do médico queimado "como consecuencia da sobrecarga de traballo, a burocracia e as malas condicións laborais.

PROPOSTAS PARA FACER FRONTE Á CRISE DA AP:

1.- Dimisión do Conselleiro de Sanidade pola súa política de recortes e a súa incapacidade manifesta para xestionar o sistema.

2.- Crear unha Comisión integrada pola Consllería de Sanidade, sindicatos, organizacións profesionais e colectivos cidadáns, para avaliar a situación e poñer en marcha medidas urxentes a medio prazo.

3.- Reintegrar ao sistema todolos recursos recortados en gasto sanitario e persoal. Acabar coa masificación de cupos de medicina familiar (un 50%  teñen máis de 1.500 tarxetas, cando as organizacións profesionais estímanas en 1.250); abrir as consultas pediátricas pechadas, acabar coa itinerancia de pediatras por diferentes centros de saúde e que ningún cupo supere os 800 nenos o que supón polo menos 40 pediatras máis. Garantir que todolos PAC teñan equipos de reforzo para atender as urxencias dentro e fora dos centros.

4.- Fidelizar e recuperar pediatras e especialistas en Medicina Familiar poñendo marcha unha nova política de persoal baseada na estabilidade laboral, a incentivación e unhas condicións dignas de traballo.

5.- Planificar as necesidades de persoal a curto, medio e longo prazo. Creación das prazas de formación MIR (Medicina Familiar e Pediatría) e de enfermería necesarias.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, exixe o goberno do sr. Núñez Feijoo, que se poña as pilas e que deixe de privatizar a Sanidade Pública Galega. Dende a AGDSP tomaremos as medidas que sexan necesarias (incluídas a s mobilizacións nos centros e nas rúas) para evitar o desmantelamento da Sanidade Galega, por parte do PP.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi