Información
Portada

Entroidos máis singulares de Ourense e Lugo nun documental rodado polo realizador ourensán José Antonio Blanco

Información
15 Noviembre 2018 211 votos

O músico vasco Kepa Junkera sempre sentiu paixón pola celebración do Entroido galego e, por fin, neste 2018 viviuno en primeira persoa. A súa experiencia, a veces como un espectador máis e outras como partícipe activo, quedou plasmada no documental "Mar de Terra" que será a película de inauguración da nova edición do Festival Internacional de Cine de Ourense.

 

"Mar de Terra", dirixida polo realizador ourensán José Antonio Blanco e con música orixinal do propio Kepa Junkera, é un documental que o músico define como "moi humano, moi sincero", que xurdiu de forma improvisada e que se rodou en menos dunha semana, recollendo imaxes dos Entroidos de Verín, Laza, Xinzo, Salcedo, Viana do Bolo e Santiago de Arriba (Chantada).

O documental mostrará, por exemplo, cómo se viste un peliqueiro de Laza ou unha pantalla de Xinzo pero con "sinceridade 100%, coma se o protagonista llo contara a un amigo que vai de visita", explica Kepa Junkera. Porque de feito, a orixe deste documental son, precisamente, as moitas amizades que o músico de Bilbao mantén en Ourense desde fai anos, froito dunha estreita relación con Galicia de varias décadas.

Entroidos en primeira persoa

"Mar de Terra" fai referencia no seu título a esa "outra Galicia que ten unha forza incrible, ese mar que tamén chega ó interior". A película, rodada "con moito cariño" e sen guión, supón unha das primeiras incursións de Kepa Junkera diante da cámara. O músico guía ao espectador polas entrañas dos Entroidos ourensáns e lucenses, e mesmo se pon na pel do oso de Salcedo. Pero tamén, como non podía ser doutro xeito, aporta a música: temas orixinais compostos como homenaxe a unha "cultura poderosa e forte" xunto con outros do seu disco "Galiza" (2013).

A estrea de "Mar de Terra" terá lugar o vindeiro 29 de novembro na gala inaugural do OUFF no Auditorio Municipal de Ourense. Asemade, a organización do festival está a traballar na organización dalgunha actividade paralela relacionada con este documental.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....