Información
PSdeG-PSOE:

O PSdeG CELEBRARÁ PRIMARIAS O 18 DE NOVEMBRO PARA ELEXIR AOS CANDIDATOS EN MUNICIPIOS DE MÁIS DE 20.000 HABITANTES E ÁS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Información
Elecciones municipales de Galicia 11 Octubre 2018 112 votos

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou este mércores a aprobación por parte da Comisión Executiva Nacional Galega do calendario de primarias para as eleccións municipais e autonómicas. En concreto, a través deste sistema, poderán elixirse os candidatos ás alcaldías daqueles municipios con máis de 20.000 habitantes e o candidato á Presidencia da Xunta.

 

Como detallou o líder dos socialistas galegos ante os xornalistas, en base ás datas fixadas “en contacto continuo” coa dirección federal do PSOE, as votacións terán lugar o domingo 18 de novembro, mentres que a segunda volta –no caso de que ningún dos aspirantes reciba máis da metade dos votos- será sete días máis tarde, o día 25.

A coincidencia de ambas citas, explicou Gonzalo Caballero, ten por obxecto despexar os procesos orgánicos nun escenario electoral impredicible, a fin de evitar que as primarias autonómicas se solapen con outras citas. “A min gústanme as primarias, e quero que falen os militantes de base”, asegurou.

Do mesmo xeito, o líder dos socialistas galegos considerou que, un ano despois de acometer a renovación do partido, é o momento de ter “un referente claro” que poida traballar co escenario de propiciar o cambio de ciclo en Galicia. “O partido está preparado para dar o relevo a Feijóo”, sostivo Gonzalo Caballero, quen constatou o “esgotamento” da etapa de Feijóo no propio Debate do Estado da Autonomía

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi