Información
Santiago

Comeza a axenda oficial do alcalde en Bos Aires, na véspera da inauguración da Feira do Libro

Información
20 Abril 2016 4802 votos

O alcalde, Martiño Noriega, atópase xa en Bos Aires, onde mañá participará na inauguración da Feira do Libro, que este ano ten a Compostela como cidade invitada. A axenda oficial do rexedor comeza hoxe mesmo, cunha visita institucional ao goberno da capital arxentina, ás oito da tarde hora española (15.00 horas en Bos Aires). Martiño Noriega reuniráse co vicexefe do Goberno, Diego Santilli. Despois deste encontro, o alcalde compostelán visitará o Centro Galego en Bos Aires.

Mañá, o rexedor aproveitará as horas previas á inauguración da Feira do Libro para manter unha audiencia co embaixador de España en Bos Aires, Estanislao de Grandes Pascual. A Embaixada ten previsto ofrecer unha recepción oficial despois dese encontro.

Xa pola tarde, será a inauguración da 42ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Martiño Noriega será unha das autoridades que interveñan no acto, despois do discurso do presidente da Fundación El Libro, Martín Gremmelspacher. Tamén están previstas as intervencións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do vicexefe de Goberno da cidade de Bos Aires, Diego Santilli, e do escritor Alberto Manguel. Ao remate da inauguración da Feira, vaise facer a presentación pública do stand da Xunta, no que o Concello conta cun espazo.

Compostela Colateral

A Xunta levou o impulso do proceso polo que Santiago é a cidade invitada na Feira do Libro de Bos Aires, pero o Concello fixo a súa achegan cun ciclo paralelo denominado Compostela Colateral, no que participarán os escritores Teresa Moure, Clara Gayo, Diego Ameixeiras e Antón Lopo. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentará en Bos Aires o Mapa literario de Santiago de Compostela, unha idea orixinal do colectivo Compostela Literario que nos permite descubrira capital galega a través da literatura. Este mapa, ademais de estar editado en papel, é unha App para teléfonos móbiles que facilita acceder a lugares que están vinculados a obras de autores como Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Valle-Inclán, Suso de Toro ou Lupe Gómez.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....